Pasamento Geluco

A executiva nacional de Esquerda Unida lamenta o falecemento dun militante histórico da esquerda en Galicia “Geluco” que foi un político brillante, intelixente e de grande dialéctica.

O seu compromiso pola defensa dos dereitos e da liberdade levouno a loitar na clandestinidade contra o franquismo , foi un home comprometido coa loita da esquerda e que pasou pola cadea coma moitos compañeiros e compañeiras que pelexaron contra a ditadura.

Na súa traxectoria política Anxo Guerreiro foi Secretario Xeral do Partido Comunista de Galicia e fundador de Esquerda Unida, onde ocupou o cargo de Coordinador Nacional. Membro da xunta democrática e partícipe na redacción do Estatuto de Autonomía, foi o primeiro deputado autonómico que o Partido Comunista tivo nas primeiras elecccións democráticas.

Dende Esquerda Unida sinte a pérdida de Anxo Guerreiro, e trasladamos o noso pésame aos familiares e amigos

Relacionados