Paseo de Irmandiños

 

Esta estrada, propiedade do Ministerio de Defensa, cedeuse no seu día ao noso concello no que atinxe ao  uso coa condición do seu mantemento, circunstancia que desgrazadamente hoxe está en cuestión. Toca realizar un arranxo urxente do pavimento  para manter o vial nas condicións axeitadas para garantir a seguridade do tránsito.

 

Pedímoslle ao Goberno que proceda a arranxar este Paseo de Irmandiños para evitar un ulterior deterioro e para mellorar así a seguridade vial dunha zona da cidade cun notable tránsito e que comunica a zona baixa da cidade.

Relacionados