Paseo Domiños

 

Este equipamento presenta buratos no seu firme, madeiras rotas e vencidas que simplemente se atopan sinalados con pintura reflectante, o cal xera un risco de accidente, dada a altura que  levanta a pasarela sobre o solo do areal. Doutra banda boa parte das sinais reflectantes que  sinalizan o pretil de madeira se atopan desaparecidas. Sen esquecer que  hai moitas madeiras que aínda sen estar vencidas se atopan a piques de romper e que son tamén perigosas para os peóns.

 

O Grupo Municipal insta, pois, o Goberno Municipal a arranxar o paseo de madeira de xeito que se repoñan  e amañen os buratos e madeiras medio rotas, que ameazan a integridade das persoas que visitan de cote este areal, asemade de achegar unha imaxe negativa dun elemento tan característico de Ferrol como son as nosas praias.

 

Esquerda Unida xa denunciara a redución da partida orzamentaria que o Goberno do PP acordou este ano para o mantemento das praias, nunha elección que cómpre cualificar de errada e perigosa. Denunciaramos entón que se baixaba de sesenta a doce mil euros para este fin. Esquerda Unida pídelle ao Goberno que rectifique e amplíe a partida adicada a mantemento das praias, insuficiente agora, e valiosa para garantir o axeitado mantemento das praias en todo momento e cara a tempada de verán.

 

Instamos a unha reacción rápida do Goberno Municipal en aras a evitar calquera  accidente debido a ese deterioro. En diante o non coidado destes aspectos somentes vai en prexuízo da imaxe da nosa cidade.

Relacionados