Peaxes nas autoestradas

Esquerda Unida esixe que se aplique o principio de igualdade repercutindo o custe da AP9 do mesmo modo en todos os tramos. Semella que existen cidadáns de primeira categoría que se ven beneficiados de axudas para a mobilidade e cidadáns de segunda que son discriminados simplemente por atoparse situados nun lugar xeográfico determinado.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o sistema de tarifas actuais con bonificacións nalgúns tramos é inxusto e propón que os usuarios paguen o mesmo importe por km. percorrido. Non ten sentido que a veciñanza da Coruña vaia a pagar máis polo mesmo servizo, como tampouco o tiña que antes de aplicar estas bonificacións fosen os cidadáns de Vigo e Pontevedra os que máis pagasen. Non cabe dúbida que con este tipo de actuacións estase a vulnerar o principio de igualdade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, denuncia que a veciñanza da Coruña sae claramente prexudicada coa implantación dos descontos nas peaxes, polo que insta ao goberno municipal a facer valer os dereitos dos coruñeses e coruñesas perante o Ministerio de Fomento, porque ademais o argumento do Ministerio non se sostén xa que afirma que o Real Decreto 104/2013, de 8 de Febreiro, non prevé  diminucións para a nosa cidade xa que só se contemplan para tramos de maior intensidade de circulación, mentres que segundo un informe de mobilidade, realizado pola empresa nacional de autoestradas, A Coruña xera o 49,5 % dos viaxes a través da autoestrada AP-9 o que supón unha gran intensidade de circulación que se está a ignorar.”

Relacionados