Peche da Fábrica de Armas

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a actitude da internacional ianqui é un ultraxe A Coruña e deixa como un mentireiro ao alcalde suspendendo no último momento a xuntanza argumentando `malas interpretacións’”. Porque a empresa indica que a reunión era para falar da aplicación do ERE, non de solucións para a factoría coruñesa, cando o propio alcalde comunicou o domingo na xuntanza mantida co Comité de Empresa e os grupos da oposición que se forzará a empresa a unha reunión na procura de acadar solucións, dada a viabilidade da empresa. “ou mente a empresa, ou mente o alcalde, eu quero crer a Carlos Negreira porque a multinacional xa deu múltiples mostras de actitudes impresentables. Coido que a día de hoxe, ninguén dubida de que son uns tileros que se están a rir do Estado, e deben pagar por iso”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta a que o goberno central nacionalice a factoría coruñesa de Santa Bárbara si General Dynamics mantén a súa intención de pechar a fábrica en base a que a defensa é de interese nacional. Con esta decisión emendaríase parte do erro cometido polo goberno do PP en tempos de Aznar que privatizou a fábrica no 2001 por cinco millóns de euros. Unha actuación que provocou beneficios millonarios á multinacional que agora quere desmantelar o tecido industrial que nutre ao Ministerio de Defensa para deslocalizar la produción fora do Estado, debilitando o tecido produtivo e botando a rúa a centos de traballadores.

Esquerda Unida considera que si Feijoo no actúa urxentemente e con contundencia será cómplice do peche de Santa Bárbara. En todo este tempo, cando un presidente ten que demostrar a súa valentía e decisión política, Feijoo fixo unha autentica demostración das súas capacidades de escapismo político, nin en unha soa ocasión amosou o seu apoio público á cidade coruñesa e ao cadro de persoal da factoría. Actitude fundamental para que o presionase o Ministerio de Defensa a quen a empresa factura preto do 90% da súa produción en España.

Con esta actitude covarde o presidente da Xunta, incumprindo os propios acordos adoptados por todos os grupos do Parlmanetn de Galicia, demostra que lle preocupan máis os intereses do gran capital que os de 172 familias traballadoras galegas e o progreso de Galiza, que se verá privada dunha empresa importante para o tecido produtivo galego

 

Relacionados