Peche do COF na Coruña

A vicevoceria, Yolanda Díaz, anunciou que o seu grupo presentará unha iniciativa parlamentar para evitar o peche que é o que realmente agocha esta decisión.

Denuncian que so haberá dous xinecólogos para atender as 153.000 mulleres en idade fértil na área metropolitana da Coruña.

Santiago de Compostela, 24 xaneiro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda, denuncia a falta de interese da Xunta de Galicia por salvagardar a saúde sexual e reproductiva das mulleres tal e como demostra co anuncio de peche dun dos Centros de Orientación Familiar da Coruña ao non cubrir a xubilación do único xinecólogo do COF do Ventorrillo, o primeiro paso para pechar o centro.

A vicevoceira de AGE denuncia que a Xunta toma esta decisión a pesares de que os COF da Coruña atenden a unha poboación próxima ao dobre da ratio de poboación recomendada polos organismos internacionais. Mentres se recomenda unha ratio de entre 25.000-40.000 mulleres entre 13 e 54 anos por unidade asistencial, o centro de planificación familiar do Ventorrillo atendía a 32 concellos (Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cabana, Carballo, Cee, Cerceda, Cesuas, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisrerra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica, Miño, Muxía, Oza dous Ríos, Paderne, Ponteceso, Sobrado dous Monxes, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas) cunha poboación de 90.834 mulleres entre 15 e 54 anos segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) do ano 2011. Mentres que o de Orillamar atendía con dous xinecólogos aos concellos de A Coruña, Oleiros, Sada, Cambre e Carral, cun total de 90.834 mulleres.

AGE considera que a Xunta continúa a demostrar coas súas actuacións que os recortes en sanidade matan, nesta ocasión promovendo o incremento de cancro xinecolóxico e de mama na comarca coruñesa xa que esta decisión imposibilita absorber un área de poboación tan extensa polo que non se poderá levar a cabo coa periocidade mínima necesaria as revisións xinecolóxicas periódicas, que son unha das medidas de prevención do cancro de mama e xinecolóxico, ademais doutras enfermidades xinecolóxicas. Basta con indicar que o COF de Orillamar, antes de ter que absorber aos usuarios do COF do Ventorrillo estaba a dar cita para as revisións xinecolóxicas para marzo do ano 2014.

Relacionados