Peche fábrica de CUCA

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012.- O Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa dos seus deputados Juan M. Fajardo Recouso e María Consuelo Martínez García, presentaron unha Proposición non de Lei relativa as actuacións  que necesariamente debe iniciar a Xunta de Galicia para garantir a continuidade dos Postos de Traballo e da Fábrica  de Conservas Cuca en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

A comezos da semana pasada a dirección do grupo Vasco Garavilla, anunciou a plantilla de conservas Cuca, (que baixo o nome de conservas Pita leva dando traballo e excelentes produtos a milleiros de familias de Arousa dende  a súa inauguración en 1935), o traslado da produción a fábrica que o grupo ten no Grove, polo que se procedería o peche da fábrica de Vilaxoán.

Esta decisión empresarial, supón o peche dunha factoría única en Galicia, en canto a súa tradición de conserva de calidade e selo ecolóxico acreditado polo consello regulador da agricultura ecolóxica de Galicia. En consecuencia as máis de cen traballadoras indefinidas da plantilla así como as 50 eventuais que temporalmente traballan para a factoría ven peligrar o seu posto de traballo, xa que a empresa non ten garantido a continuidade dos postos, e sobre todo, non contempla asumir os custes de desprazamento que esta modificación xeográfica ocasionará a plantilla, queda clara que a intención futura da empresa  é a supresión dos postos de traballo, xa que a fábrica de O Grove non ten espacio suficiente ,nin capacidade produtiva para asumir a plantilla de Vilagarcía, ademais da semellanza que este proceso de traslado de traballadores e traballadoras ten ca xa desaparecida Alfageme.

A empresa ten iniciado a negociación dun expediente, supostamente temporal, de emprego que de non darse os pasos oportunos, na práctica acabará cun expediente de extinción case total sobre o conxunto da plantilla.

Ademais o traslado da produción de Cuca, suporá a desaparición de máis de un centenar de postos de traballo indirectos no concello de Vilagarcía, feito que se suma o paulatino desmantelamento do sector agroalimentario en Arousa, ca continua desaparición de postos de traballo e medios de produción, que logo son reconstruídos fora das nosas fronteira, ateigando os nosos mercados internos con produtos foráneos, moitos con aparencia de orixe Galega, mentres o noso sector esmorece pola permisividade da Xunta na política de deslocalización da noso sector conserveiro.

O Grupo Parlamentar destaca tamén a necesidade de blindar os terreos que ocupa a factoría, de xeito que o anhelo especulativo non seña un elemento en contra dos postos de traballo, evitando a recalificación deste chan industrial como residencial.

“De concretarse este peche, suporá en definitiva a sentenza de morte do Pobo de Vilaxoán e da súa historia como berce da industria conserveira do noso país” manifestaron os deputados de Alternativa Galega de Esquerda.

Por isto, o Grupo Parlamentario insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas que señan necesarias para garantir o mantemento dos postos de traballo e da produción da factoría de Conservas Cuca en Vilaxoán, así como iniciará os procesos oportunos para evitar a especulación sobre o chan que ocupa.

 

 

Relacionados