Para EU, neste momento de ataque brutal do PP a democracia local, en forma da reforma da lei reguladora de bases locais, a resistencia activa dos cargos públicos contra calqueira fórmula de recorte de democracia é imprescindible.
EU considera que “por suposto que hai que levar a contraria” aos que “teñen as formas autoritarias como forma de vida como o actual alcalde de Vilagarcía, o popular Tomás Fole”
Para EU, o PP estase a retratar en moitos plenos galegos intentando impedir que mocións como as que denuncian a brutal e retrógrada lei do aborto cheguen a ser debatidas en pleno.
A executiva nacional de EU considera “proporcionada e necesaria” a acción dos seus concelleiros en Vilagarcía xa que non queda máis remedio que ser contundentes e activos ante o recorte da democracia nos nosos concellos que de xeito orquestrado está levando a cabo o PP.