Peonalización barrio da Magdalena

Pero para qué queren o consello da Veciñanza e o resto das institucións de participación?”  Pregúntase Javier Galán, portavoz do grupo. Certamente para moi pouco en vista do proceder do goberno d Partido Popular e especialmente do seu concelleiro delegado de Facenda, que xa anunciou varias veces nos corredores do Concello que estaba en campaña electoral.

Para o grupo municipal de Esquerda Unida é unha tomadura de pelo que , estando como estamos , ante as portas dunha discusión sobre mobilidade que afecta ao barrio da Magdalena ,entre outros, e con proxectos e decisións que hai que enmarccar dentro do plan Urban e contemplando como se contempla no plan a obrigatoriedade (por prescripción legal da UE) de arbitrar fórmulas de participación veciñal para información e toma de decisións, a interpretación que fai o señor Langtry de todo isto sexa a mesma chusca actuación política que ten o señor Rey Varela co seu plan de barrios particular: electoralismo e amiguismo.

Recentemente lamentabamos que este proceder fora o modelo de respecto máximo que se amosaba cara a cidadanía. Hoxe reiteramonos no mesmo xuízo e denunciamos o cinismo político dos membros goberno municipal ao falaren continuamente de diálogo coa oposición ao mesmo tempo que unilateralmente toman decisións que nós afirmamos son electoralistas, cheas de amiguismo e intereses partidistas.

Non é no despacho do señor concelleiro onde se teñen que tomar estas decisións, non é negociando un por un cos supostos únicos interesados na peonalización como se toman estas decisións, non é a peonalización un asunto en exclusiva da concellería de Facenda e, por parar por algún lado, non é o interese xeral suma de intereses particulares e moito menos de determinados intereses particulares, moi dignos de respecto en canto que representan negocios de suxeitos privados pero  tan  ben seleccionados eles que é imposible que poidan ser elevados a categoría de interés xeral. Para quen se goberna

Relacionados