Perda de preto de mil empregos

A reunión tiña como obxectivos brindar todo o apoio e solidariedade de EU para do cadro de persoal da empresa encargada da atención ao cliente de Gas Natural Fenosa, así como coordinar accións na procura do mantemento dos postos de traballo.

Esquerda Unida teme que a deslocalización iniciada por Gas Natural Fenosa supoña a perda de preto de mil empregos galegos, gran parte deles na Coruña, polo que esixe á empresa que abandone esta actitude de destrución postos de traballo na nosa terra para crealos en Cataluña e manteña o servizo de atención ao cliente comercial porque non existe ningún motivo para trasladalo.

César Santiso, indicou “semella lóxico e xusto que a explotación dos nosos recursos naturais, a lo menos, reverta en postos de traballo para os galegos e galegas, o contrario é un espolio”. Non ten senso desmantelar un servizo recoñecido pola propia empresa como de alta calidade, cando ademais un grande número de clientes da empresa son galegos e galegas e poden ser atendidos na súa propia lingua si así o desexan, algo que non acontecerá si se traslada a Cataluña, cuxos clientes si poderán ser atendidos en catalá.

Santiso subliñou “quen mellor que un galego para atender a outro galego, quen mellor que alguén que coñece a territorialidade e idiosincrasia de Galiza para atender as necesidades dos seus clientes, por exemplo que entenderán en Cataluña por parroquia…”

A decisión de Gas Natural Fenosa non responde a criterios empresariais ou económicos, senón que responde a criterios territoriais e políticos, xa que logo, os poderes públicos galegos e coruñeses deben actuar para defender os intereses do pobo galego, porque está claro que se equivocaban cando afirmaban que a devandita fusión xeraría emprego na Galiza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha moción para instar ao goberno municipal a que interceda ante a empresa e no caso de que esta non reconsidere a súa postura, replante os convenios e contratos asinados. No caso de que o goberno local non actúe converterase en cómplice dos despedimentos.

O voceiro do Comité de Empresa de Teleperformance, Angel Romero, que agradeceu a Esquerda Unida o seu apoio, comezou parafraseando a Rosalía de Castro “adios ríos, adios fontes, adios servizos de Fenosa en Galicia” para acto seguido indicar que a intención da empresa provocará a perdida duns 70 postos de traballo e un claro empeoramento do servizo á cidadanía.

Angel Romero indicou que na nosa cidade son máis de 300 postos de traballo só en Telperformance ao que hai que engadir lecturas de contadores, averías, etc. o que na nosa comunidade pode afectar a máis de 1000 postos de traballo, fixo un chamamento a todos os poderes públicos para que fagan forza e defendan o que teñan que defender que non é máis que traballo para a cidadanía, mentres informaba que o goberno municipal aínda non atendeu a solicitude de xuntanza do Comité de Empresa.

Relacionados