Perda de usuarios no bus urbano

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que coa chegada ao poder do PP, A Coruña incrementou o grado de déficit en mobilidade debido á nula planificación e ao electoralismo dun goberno local que lonxe de pretender resolver os problemas da veciñanza centra a súa acción de goberno en procurar acadar os votos necesarios para gañar a alcaldía nas seguintes eleccións municipais e o fai a golpe de titular, fotografía e golpe mediatico.

Dende EU entendemos como unha chapuza e unha sen razón, que se tomase a decisión de retirar o carril bus antes de dispor dun plan de mobilidade. Este tipo de actuacións demostran a absoluta falta de planificación do goberno local e a súa arbitrariedade a hora de tomar decisións que afectan a vida dos coruñeses e coruñesas.

Esquerda Unida culpabiliza ao goberno municipal de que A Coruña lidere o descenso de usuarios do bus urbano no 2012. Así o transporte colectivo municipal perdeu 623 mil viaxeiros respecto ao 2011 o que supuxo un 2,72%, máis do triplo de perdas de viaxeiros que en Vigo con 200 mil pasaxeiros (e un descenso porcentual do 0,90%) e moi superior ao de resto de cidades galegas como Ourense con 73 mil (0,99%), Santiago con 26 mil (0,36%), Lugo con 28 mil ou Pontevedra con 19 mil.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “argumentar que o carril bus é do século pasado cando as grandes cidades europeas o utilizan masivamente, demostra que o goberno local vive nunha realidade paralela, desoindo incluso o informe da comisión técnica municipal que aseguraba que coa súa eliminación non se poderían cubrir as frecuencias, como posteriormente constatouse coa perda de 114.000 usuarios na liña catro que é unha das máis afectadas pola retirada do carril bus.

 

César Santiso salientou “O fracaso da política de mobilidade do PP é un feito, os datos corroboran está afirmación, semella inaceptable substituír unha plataforma dedicada pola chamada vía prioritaria e aínda por riba subir as tarifas do autobús o resultado está claro: en termos porcentuais o descenso de viaxeiros do transporte público e 8 veces superior que o acontecido en Santiago e 3 veces superior que en Vigo.

Relacionados