Anteriormente o grupo municipal de EU-V mantivo unha xuntanza cos delegados sindicais de AENA na que se constatou o alto grado de coincidencia en canto a avaliación da situación actual e as posíbeis solucións. Tamén coincidiuse en canto as contradición existente no aeroporto coruñés, así mentres Alvedro amosa grandes posibilidades a súa situación actual e moi preocupante pois se estima que neste ano o descenso de viaxeiros aproximarase ao medio millón, pasando de 1.300.000 a preto de 800.000 o que equivale a un 40% de descenso.
Esquerda Unida considera que a perda de viaxeiros de Alvedro débese á errática política de subvencións da Xunta de Galicia, unha política que ademais de ser inxusta co aeroporto coruñés debido a que non se aplica con equidade entre os tres aeroportos galegos e utilizar cartos públicos para subvencionar a aeroliñas, provoca unha situación irreal no panorama aeroportoario, pois as operadoras non se instalan nos aeroportos segundo criterios de demanda e eficiencia senón que o fan en función das axudas recibidas. Así explícase que Alvedro este a perder operadoras apesares de ser un aeroporto rendíbel cunha ocupación de voos entre o 75% e o 80%, moi superior á do resto de aeroportos galegos. Así mentres os manuais técnicos indican que a partires do 70% de ocupación comeza a ser rendíbel incrementar liñas, no aeroporto coruñés sucede todo a contrario, non so non se incrementan liñas senón que as compañías aéreas desaparecen.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta á Xunta de Galicia a desenvolver un plan de coordinación dos tres aeroportos galegos para aproveitar sinerxías en lugar de competir entre eles como está a suceder, e desta maneira poder competir en boas condicións con aeroportos como o de Oporto, ao tempo que se promova a competencia entre compañías para evitar que se incrementen as tarifas polo mero feito de actuar en monopolio, como sucede en Alvedro, onde os coruñeses e coruñesas ven como teñen que pagar máis polo seu billete que outros cidadáns galegos.
César Santiso, chamou á unidade de acción de todos os grupos políticos da corporación para “entre todos e todas recuperar o aeroporto coruñés como alicerce da economía produtiva da bisbarra”, porque como estamos a demostrar a delicada situación que vive o noso aeroporto débese primordialmente a problemas de índole político e non de funcionamento do propio aeroporto.
Santiso indicou que “temos que converter Alvedro nunha auténtica ponte aérea cos principais centros de decisión como Madrid, Barcelona ou Londres pois non en vano a nosa bisbarra é o núcleo produtivo galego”, así segundo o informe ARDÁN 2012 a bisbarra coruñesa (eixo Coruña-Betanzos) xera o 39% do VAB galego (Valor Agregado Bruto que constitúe o PIB logo de engadir impostos indirectos que gravan a actividade produtiva), mentres que Vigo xera o 20% e Santiago o 6%.
o voceiro de EU-V, subliñou que “o aeroporto coruñés constitúe unha magnífica ferramenta para reactivar a economía local. Non podemos permitirnos o luxo de ter imperativa unha infraestrutura tan custosa como Alvedro e a vez tan necesaria para que as empresas non migren da nosa bisbarra. Como conseguiremos atraer a empresas cara o porto exterior e polígonos adxacentes sen non lles ofertamos aos seus directivos conexións directas cos centros económicos e financeiros?”
Finalmente César Santiso salientou a importancia do aeroporto en relación co turismo, “non podemos promocionar A Coruña como cidade turística si carecemos de conexión aérea. A propia autoridade portuaria, logo do espectacular incremento do turismo de cruceiros na cidade proponse que o Porto da Coruña non funcione so como escala, senón que tamén poida ser punto de partida ou final de ruta o cal asegura un retorno económico por visitante moi superior ao actual, mais para conseguir iso é fundamental a conexión aérea para que os cruceiristas se acheguen á nosa cidade”.
Posteriormente tomaron a palabra os delegados sindicais de CCOO e UGT, centrais maioritarias en AENA, comezou o de CCOO agradecendo o apoio do “compañeiro Santiso” e do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, ato tempo que se facía unha pregunta dura pero determinante: que sería da Coruña sen o aeroporto? Os delegados expresaron que non existe razón algunha para que Alvedro baixe do millón de pasaxeiros, polo que instaron as administracións a traer máis compañías para fomentar a competencia porque agora a situación é angustiosa pois a a perda de Spanair supuxo a perda dun 25-30%.
O representante de UGT recalcou que o aeroporto supón uns 500 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos, todos veciños e veciñas da Coruña e bisbarra.