Perigo de incendio en Penamoa

Esquerda Unida alerta do grave perigo de incendio na zona da Agra das Baixadorias en Penamoa onde a maleza rodea as casas. Existen parcelas que están cheas de maleza e refugallos e outras, aínda que construídas, tamén presentan acumulacións de materiais en algúns casos perigosos.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, a través dunha batería de preguntas, insta ao goberno municipal a limpar maleza e escombros dos terreos de propiedade pública e a esixilo aos propietarios privados, para evitar risco de incendios e evitar novos asentamentos, como está a ocorrer mediante a ocupación de casas ou coa presenza de tendas de campaña na zona.

 

En datas recentes procedeuse a demolición das últimas infravivendas da zona o que provocou de o Concello dese por terminado o problema do asentamento de Penamoa. Desde Esquerda Unida – Os Verdes queremos denunciar que a solución do problema non rematou, máis ben estamos no inicio do camiño cara unha solución.

 

A solución non consiste só no derrubo dunhas chabolas, no realoxo dos seus habitantes e na rexeneración da zona, senón que pasa pola posta en valor dos terreos mediante o seu acondicionamiento e a construcción de equipamientos para o uso e goce da veciñanza.

 

Mais para logralo, os primeiro é impedir o establecemento de novos asentamentos e na obriga dos propietarios de parcelas da zona a súa limpeza e acondicionamiento.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “unha vez máis observamos como os veciños de Penamoa, O Ventorrillo, A Moura ou A Silva seguen a estar abandonados a súa sorte, mentres o Concello limpa a maleza e obriga a facelo noutras zonas da cidade, esquecese da zona de Penamoa”

 

Relacionados