Persecución do empobrecemento

O devandito informe amosa un esclarecedor incremento da desigualdade, sendo a maior de toda Europa. Así o 20% da poboación máis rica concentra 7,5 máis riqueza que o 20% máis pobre. Esta é a consecuencia das políticas antisociais que está a desenvolver o PP en todos os ámbitos institucionais. Existen ademais graves riscos de que a situación empeore debido á redución da capacidade adquisitiva das familias motivada polo desemprego, o descenso dos salarios, o incremento da presión fiscal, o recorte nas pensións, o repago farmacéutico e o debilitamento das políticas sociais como os recortes en sanidade, ensino, servizos sociais ou  a extinción de prestacións

Esquerda Unida considera inhumano que o goberno municipal persiga ás persoas que teñen que remexer nos contedores de lixo para subsistir. So un goberno clasista e desalmado, diante desta situación de emerxencia social, non so  permanece impasivo senón que dedícase a arengar á policía para que multe á xente por andar a remexer nos contedores de lixo. Asemade as poucas políticas sociais do PP baséanse no asisencialismo e beneficiencia o que evita facerlle fronte a raíz do problema

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao goberno local que en lugar de tentar ocultar a pobreza, busque solucións para paliar este drama social, como o desenvolvemento dunha rede municipal pública de comedores sociais para asegurar o acceso a unha alimentación digna. Unha rede na que traballarían en sinerxía os actuais comedores xestionados por entidades privadas, cos públicos, descentralizando a oferta e evitando a concentración de marxinais o que evitaría a reticencia de facer uso destas instalacións ao chamados “novos pobres”, cidadáns integrados socialmente que a crise os puxo no limiar da pobreza. Asemade esta proposta permitiría a socialización, algo moi necesario para as persoas maiores, así como a normalización dos comedores socias que os entendemos como espazos onde toda a cidadanía pode comer a prezos moi económicos e aquelas persoas que os servizos sociais determinen que están en risco exclusión social poidan facelo de maneira gratuíta pero sen pudor, porque calquera persoa podería usar estes comedores sociais.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta totalmente desproporcionado e indigno incrementar o orzamento municipal nas carrozas de reis cando a situación de emerxencia social é afogante. Si o PP pensa que con festexos e escondendo a pobreza vai enganar á cidadanía, está moi equivocado”.

Relacionados