Petición de Xunta de Voceiros

As causas e as consecuencias que se derivan toca afrontalas en común.

Servizo esencial, de carácter básico, co servizo de bombeiros non cabe facer pretendidas economías que logo supoñan riscos e danos para a seguridade da nosa veciñanza. O mantemento da actual plantilla e a execución das medidas máis inmediatas en orde a contar cos mínimos recursos materiais necesarios, caso do vehículo escaleira, supoñen para o noso Grupo a primeira cuestión a clarexar. Demandamos sobre esta cuestión un pronunciamento claro do Goberno Municipal, no sentido de que non se fará economicismo do malo coa seguridade de todas e todos nós. Mais nunha cidade con instalacións salientables en caso de se producir unha emerxencia: Arsenal, Navantia, ou a verdadeira espada de Damocles da planta de gas. Manter este servizo coa plantilla actual é rendible no social e dende logo no económico ao dotármonos dunha seguridade que perderiamos de botar xente ao paro.

Doutra banda, cómpre facer un chamamento a todas as institucións con responsabilidades na prestación deste servizo para que dunha vez por todas acorden un planeamento a longo prazo que garanta a seguridade da cidadanía e do territorio. Xunta, Deputación, que hoxendía non pón un can, Autoridade Portuaria e concellos maiores temos o deber de acordar unha fórmula equitativa, que fuxindo de localismos, garanta un servizo público comarcal de bombeiros.

Esquerda Unida defendeu no verán de 2009 a creación dunha comisión de estudo que achegará unha proposta de comarcalización integradora e equitativa, defendendo esta proposta no Pleno de agosto dese ano. Entendemos que segue a ser a fórmula acaída para dotármonos no medio prazo do servizo que merece esta comarca e a súa cidadanía. Para tal finalidade, emprazamos aos gobernos do PP, en Ferrol, Deputación e Xunta de Galicia.

 

Relacionados