Pinza de PPSOE

Asemade a preocupación pola clase política sitúase nun 31,4%, alcanzándose tamén un máximo histórico cun incremento de máis de 13 puntos dende o ano pasado, así o descrédito por la casta política e polos partidos políticos no non para de crecer.

Para Esquerda Unida a coincidencia no interese de PP e PSOE por cubrir as costas do exalacalde é unha nova demostración de que son caras dunha mesma moeda, ambos son partidos sistémicos, é dicir que abalan un sistema caduco que se atopa en estado de putrefación. Mentres a cidadanía pide transparencia e participación real, o bipatidismo obsoleto e caduco empéñase en prostituír estes valores, transformándoos en palabras valeiras de contido e en meros slogans políticos, ta e como observamos no pasado pleno cando o PP se empeña en presumir de xestión transparente polo mero feito de que o patrimonio e o currículos do concelleiros estean colgados na páxina web mentres obvia as malas cualificacións que lle outorgan organismos internacionais independentes.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o voto contrario a debater a moción presentada no último pleno para retirar o nome do paseo marítimo a Francisco Vázquez polos escándalos urbanísticos demostra o moito que ten que agachar o PSOE e a complicidade do PP. Así, os que se din socialistas, en lugar de recoñecer os seus erros para non volvelos a cometer, pretenden agachar a súa penosa xestión urbanística con pelotazos tan soados como o Edificio de Fenosa, Marineda City ou Someso onde o informe da instrutora do caso cita ao exacalde como máximo responsable e pon ao descuberto a inexplicable sucesión de eivas que provocaron unha perda patrimonial de 19,2 millóns euros do que se beneficiaron promotores como Fontenla así como diversas familias coruñesas que obtiveron beneficios millonarios, uns vendendo terreos ao concello que xa eran do propio concello, outros sacando pingues beneficios na permuta de terreos co ente municipal grazas a erróneas interpretacións de convenios por parte do Concello, como os 7 millóns perdidos no convenio coa familia Yordi Catoira. Si a estes auténticos escándalos sumamos as indemnizacións pola reclasificación irregular de terreos, con falsificacións de sinaturas do secretario incluídas, a erosión patrimonial supera os 32 millóns de euros.  Cantidade que representa máis do 12% do orzamento municipal que podería destinarse a servizos sociais para asegurar as condicións básicas de vida de todos os coruñeses e coruñesas e para loitar contra a lacra do desemprego, mediante a promoción da reactivación da economía produtiva.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “uns cos ERE de Andalucía outros co presunto financiamento ilegal do caso Bárcenas. PSOE e PP representan a vella política e o escenifican no concello da Coruña”. Efectivamente ambos os dous utilizan as mesmas prácticas que causan desafección e repugnancia entra a cidadanía e que nos aspiramos a superar, demostrando con feitos que outra política é posible, aplicando ética, coherencia, transparencia e fomentando o empoderamento da cidadanía.

Relacionados