Plan acuícola

Esquerda Unida considera un escándalo democrático que no dito plan se deixe aberta a cancela da expropiación por parte da administración si as empresas privadas son incapaces de facerse coas terras. EU rexeita este comportamento do Goberno do PP que semella máis preocupado de beneficiar as empresas privadas que ao propio pobo ao que representa. Unha vez máis quedan ao descuberto as políticas neoliberais do PP, quen se decanta sempre polos intereses privados en contra dos da cidadanía en xeral. Con esta modificación do plan acuícola se os propietarios das terras non queren vender ao prezo que queiran as empresas privadas, a “administración Feijo” expropiara as súas terras para entregalas ás empresas privadas, o que ven a significar un claro atropelo aos dereitos da cidadanía.

EU denuncia que o Goberno do PP está a incumprir as súas promesas electorais, xa que logo, comprometeuse coas distintas plataformas cidadás a revisar ás ubicacións, nembargantes a dita modificación non cambia nin unha soa ubicación do anterior plan do bipartito.

Esquerda Unida considera fundamental que a planificación do sector acuícola debe ser o froito dun amplo consenso social, polo que pulará por abrir un profundo e sereno debate no que participen, ademais das distintas forzas políticas, todos os sectores implicados, e dicir: sindicatos, veciños, asociacións ecoloxistas e concellos costeiros.

Relacionados