Plan aeroportuario galego

Esquerda Unida esixe o desenvolvemento dun plan de coordinación aeroportoario galego para que os tres aeroportos gañen en eficacia e competitividade, compartindo recursos, rendabilizando infraestruturas, definindo estratexias que permitan aproveitar sinerxias en base a definir unha oferta de vos e destinos que seña complementaria, en lugar de ser competitiva como acontece actualmente.  En definitiva incrementar as potencialidades dos tres aeroportos en base a un proceso colaborativo.

Neste sentido, semella necesario que cada aeroporto galego desenvolva un estudo sobre o retorno económico para optimizar o investimento público, xa que na actualidade as subvencións ás compañías aéreas chegan nalgúns aeroportos a 100 € por pasaxeiro, algo que non acontece no noso. Polo que debemos reflexionar si este tipo de política é a correcta. En todo caso a Administración debería condicionar as subvencións ao mantemento dos postos de traballo en condicións dignas e ao desenvolvemento de servizos de calidade.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes considera que a Xunta debe actuar urxentemente para frear a caída do sistema aeroportuario galego, e insta ao goberno municipal a que promova unha vía de diálogo entre os tres concellos con aeroporto, Xunta e AENA. Así os datos de febreiro volveron a amosar unha caída importante tanto no tráfico de mercadorías como no número de pasaxeiros, onde a suma tres aeroportos galegos supuxo un descenso de 32.178 pasaxeiros respecto ao febreiro de 2012.

O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou que “apesares de que Alvedro é o grande discriminado, o noso aeroporto é o que menos acusa a caída, razón que demostra non so a súa viabilidade, senón a súa potencialidade como motor de desenvolvemento económico”. Mentres Alvedro perdeu 4.751 pasaxeiros en relación con febreiro de 2012, Peinador dobra a cifra perdendo 10.056 e Lavacolla perdeu 17.371, o  en total 32.178. En termos porcentuais o aeroporto coruñés acumula unha caída do 9,1%, mentres que o descenso do vigués supón o 18% e o de Santiago un 11,2%.

 

Relacionados