O consello comarcal de EU Coruña saúda a iniciativa do concello para loitar contra o cambio climático, aínda que a considera insuficiente e pouco realista pois algunhas das medidas apuntan ao contrario da actual praxes municipal.
Así, nas 52 medidas presentadas apostase pola eficiencia enerxética e a edificación sostíbel, máis na actualidade non se ten en conta a sustentabilidade ni tan sequera nas dependencias municipais, onde impera o malgaste enerxético. Apostase tamén polos medios de transporte non motorizados e o fomento do transporte colectivo, máis non queren debater sobre o Plan Integral de Mobilidade Universal Sostíbel (PIMUS) amparándose en que o concello xa ten un plan de mobilidade, cando na realidade A Coruña é un caos en materia de mobilidade. Por exemplo, o uso da bicicleta supón tan so supón o 1% e o do transporte público un 22% mentres que o uso dos vehículos privados supón un 30%.
Por iso, o coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “as medidas son necesarias máis resultan escasas, inconexas e chegan demasiado tarde, teremos que dar por bo o dito máis vale tarde que nunca”.
Esquerda Unida comparte a necesidade de desenvolver medidas como a elaboración duna ordenanza de xestión da enerxía, a educación medioambiental, o fomento de accións contra a contaminación nos países menos desenvolvidos ou a creación dunha oficina municipal contra o cambio climático, aínda que considera que deberían ampliarse as súas funcións para que traballase na mellora da resilencia das empresas diante da crise enerxética en cernes polo que propón a creación duna oficina municipal contra o cambio climático e a transición enerxética.
Por outra banda, EU saúda a aposta pola Rede de Enerxía Sostíbel para que unha quinta parte da enerxía consumida na cidade procedera de renovábeis pero considera que a aposta polo sector enerxético como un ben estratéxico e fundamental para a cidadanía, obriga á creación dunha Empresa Municipal de Enerxías Renovábeis (EMER) que produza, xestione e promova o uso das enerxías alternativas e a eficiencia enerxética.
Esquerda Unida considera que non se pode desenvolver unha loita activa contra o cambio climático sen apostar radicalmente por unha mobilidade sostible e por políticas que permitan a cidadanía e empresas reducira súa pegada ecolóxica. Resulta necesario mudar os procesos produtivos para reducir a dependencia do petróleo e así incrementar a capacidade de readaptación das empresas coruñesas diante da escaseza da enerxía fósil e, xa que logo, a súa capacidade competitiva.