O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que no seu programa electoral incluíase un plan de eficiencia enerxética que permitiría reducir nun 50% o consumo eléctrico. O dito plan permitiría un aforro superior aos dous millóns de euros anuais.
Xa que logo, Esquerda Unida brindase a colaborar co Goberno municipal para mellorar o aforro enerxético e incrementar a reducción do consumo eléctrico, algo que non so afecta a economía senón que tamén é unha medida medioambiental que permitirá reducir drasticamente a emisión de Gases Efecto Invernadoiro (GEI) causante do quecemento global e o cambio climático.
O voceiro de EU-V, César Santiso, saúda o plan de aforro enerxético anunciado polo concello pero o considera insuficiente e indicou que “O Goberno local pode contar co noso apoio para calquera medida de aforro enerxético, mais consideramos que a nosa proposta é moito máis ambiciosa, aforraríamos o triple do anunciado polo alcalde”.
Santiso sinalou “a falta de coñecer en profundidade o plan elaborado polo Goberno municipal, semella que non afonda nas medidas efectivas de redución do consumo, algo que consideramos fundamental, así como avanzar na capacidade de autoabastecemento dos servizos municipais mediante autoprodución de enerxías renovábeis”.