Plan de desenvolvemento do comercio local

dos veciños e veciñas de acceder aos mercados, sen aparcadoiros e con cortes constantes de tráfico e coa potenciación do transporte público cara a outras grandes superficies da cidade, que están a abafar ao comercio local, con horarios abusivos e prezos á baixa que afunden aos produtores.

Jorge Suárez levará ao programa de goberno, xunto coas forzas da esquerda coas que se están a pechar acordos programáticos e de confluencia, un cambio de modelo de xestión dende o público dos mercados municipais e o pequeno comercio autóctono a través dun viveiro de cooperativas agrícolas. O proteccionismo aos produtos elaborados na nosa comarca e ao desenvolvemento dun comercio local de proximidade e accesible é non só unha competencia a aplicar dende un concello, senón unha obriga para manter o emprego de calidade e unha cidade óptima e sustentable para vivir. Así o avala a Federación Provincial de Comercio da Coruña, que nun estudo propio, avaliou que por cada posto de traballo creado nunha grande superficie destrúense dous postos de traballo no comercio local. Basta con analizar os datos da cidade da Coruña, paradigma da especulación dos centros comerciais, nos que se crearon 2750 postos de traballo e, en contrapartida, destruíronse 8.000 no pequeno comercio.

A nefasta planificación das obras na rúa da Igrexa, con máis dun ano de retraso, evidencia o nulo respecto do goberno municipal pola veciñanza, por un lado boicotéase o mercado ao desbotar a idea que tanto veciños como comerciantes cren imprescidible e que EU levou no seu programa, a creación de aparcadoiros de superficie que fagan do mercado un lugar accesible, e por outro evidénciase que o saneamento non termina de chegar pese a que todos e todas pagamos por el unha taxa inxusta. Colapso que se incrementará cando comece a construción dese absurdo ascensor panorámico, o particular vellocino de ouro do Partido Popular

Para facer fronte á crise de comercios pechados nos barrios históricos, máis de 700 no último lustro, parece unha burla tratar de paliar esta catástrofe cunhas bolsas de merchandising ou a captación de comercios a través dunha empresa privada con nulos resultados. Jorge Suárez propón unha comisión estable, aberta, participada por veciños e comerciantes, que consensúe solucións baseadas en tres puntos:

Cooperativismo agrícola impulsado dende o Concello: coa cesión de terreos municipais, formación a desempregados e adquisición de maquinaria agrícola en réxime de arrendamento e sufragada cunha porcentaxe das vendas. Posta a disposición de todos os postos dos mercados libres a colectivos de especial vulnerabilidade á hora de conseguir un emprego: maiores de 55, familias monoparentais, desempregados de longa duración ou persoas con algún tivo de diversidade funcional. Colaboración na distribución, difusión pública e promoción destes produtos

Transporte público urbano a través de microbuses con horarios de frecuencia que dean acceso aos mercados e comercios do centro da cidade, a baixo prezo e exención de pago a desempregados e colectivos de especial protección, que permitan acceder a estas zonas dende aparcadoiros de superficie habilitados en Canido, Sánchez Aguilera e Esteiro.

Impedir a cesión de espazos públicos ou terreos municipais a calquera iniciativa de multinacionais do comercio ou grandes empresas. Jorge Suárez considera que xa hai suficientes áreas comerciais como para incrementar unha cota que sería a puntilla para un comercio local en declive

Jorge Suárez considera imprescindible compatibilizar este plan con outro de impulso do emprego con estímulo público, non haberá comercio posible cando as rendas de traballo non permiten nin tan sequera cubrir as necesidades básicas e o pago das factras de luz, auga e saneamento, que incrementan aínda máis o risco de exclusión social situado no 25% na nosa cidade, e cunha bolsa crecente de traballadores pobres.

Relacionados