Plan de emprego

que causan as políticas depresivas do PP.

Non valen lamentos, o que corresponde dende o concello e asumir un esforzo económico para achegar iniciativas e recursos que palíen o paro que aflixe a nosa cidadanía.

Javier Galán reclama que se proceda a elaborar, con carácter de urxencia, e en colaboración cos sindicatos de clase un plan de emprego que adique recursos municipais (e que os busque tamén na deputación e Xunta) para contratar a persoas en paro e coas prestacións esgotadas, para  realizar traballos socialmente útiles e que conte cunha formación engadida. Plan de formación e emprego que contribúa a dar esperanza e uns mínimos medios de vida a persoas que valen e queren traballo,  e que non atopan traballo e saída a causa de políticas atroces, que somentes atenden a rendistas, banqueiros, especuladores e defraudadores.

O paro rexistrado – sesgado á baixa polas contabilidades mentireiras que non computan a persoas en cursos, con dispoñibilidade limitada ou con traballos de poucas horas – suma máis de 20.000 persoas nas tres comarcas e reclama algo máis que lamentos ou invocacións difusas a brotes verdes. Récords históricos ao sumar 431 persoas máis en paro, máis de dúas mil en relación co novembro de 2011.

Ferrol segue sen saber nada de investimentos cclaves para o noso futuro: o naval público coas demandas do dique e do levantamento do veto e a nova carga de traballo; as conexión ferroviarias mil veces defraudadas, o conxunto de actividades para garantir o saneamento da ría … O Goberno Municipal asuma pasivo e cómplice os incumprimentos e as súas consecuencias en materia de destrución de emprego.

Cómpre lembrar que xa suman máis de 120.000 persoas no noso país sen axuda pública alguna, nunha situación que semella imposible e en aberta contradicción cos mandatos constitucionais que recoñecen a nosa condición de cidadanía social. Esquerda Unida anima ao Goberno Municipal a rectificar a súa parálise compracente coas políticas de devastación social e económica do PP.

EU amosa a súa disposición a axudar para termos unha nova ferramenta de axuda en forma do plan de emprego.

 

Relacionados