Plan de mobilidade

Por iso EU leva anos propoñendo un Plan de Mobilidade Universal e Sostible, e tanto o PP como o anterior goberno bipartito encargaron respectivamente plans de mobilidade.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes teme que detrás do feito de que o PP non apoiara a nosa moción para acadar por parte de todas as forzas políticas o compromiso de executar con celeridade o plan de mobilidade, atópese a intención de non desenvolver o seu propio plan contratado por preto de medio millón de euros a UTE formada por Eptisa e Ineco, logo de desestimar o traballo desenvolvido pola prestixiosa Agencia de Ecología Urbana 2011 e o conseguinte malgasto de cartos. Porque sexamos claros, se non teñen intención de poñelo en práctica, para que gastar medio millón de euros públicos cando poderían ser destinados a outro tipo de actuacións, como bolsas de estudos ou proxectos para a xeración de emprego?

Semella que fronte a esta decisión, atopamos un novo exemplo de malgasto destinado a unha empresa foránea, para xerar un documento que, coma no caso anterior, pasará a engrosar os estantes das cousas inútiles deste goberno.

Esquerda Unida lamenta que o PP rexeitase a proposta de pacto de cidade para asegurar o desenvolvemento do plan de mobilidade, estas son as dúas caras dun goberno que pide publicamente colaboración e apoio a oposición, pero no momento da verdade, cando ten a posibilidade de asinar un acordo de futuro nun aspecto fundamental e determinante para A Coruña, obvia as propostas da oposición, aínda que sirvan un para blindar un proxecto seu. Tamén pódese observar esta dobre faciana no feito de que por unha banda estimula á participación cidadá a través da concelleira para este Plan de Mobilidade, e por outra, nega a utilidade dese “traballo colectivo” respecto da mobilidade urbana “por e para todos”.  Resulta unha actitude bastante cínica incentivar a participación cidadá por unha banda para despois no pleno non lle facer caso algún, ¿non si?

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que  “semella complicado que A Coruña poida construír un proxecto de cidade, coa miopía amosada por algúns, que so pensan en intereses partidistas e réditos electorais”.

Relacionados