Plan de protección social

Botar balóns fora, sinalando que se estea a instaurar en Galicia ese anomeado “fenómeno Balón”, en alusión ao coñecido mercado de Turín, non é óbice para desviar a atención dun asunto que ten maior calado. Neste sentido, Esquerda Unida esixe novos servizos municipais de protección social para loitar contra a exclusión social dende o público. Porque na Coruña, as distintas entidades benéficas e o propio Banco alimentario recoñecen sentirse superados diante dunha demanda que crece de maneira exponencial, o que sitúa á nosa cidade cun importante déficit en canto á oferta de comedores sociais. Mentres os poderes públicos deben garantir as condicións mínimas de vida da cidadanía, observándoas como un dereito e non como un agasallo, o goberno municipal limita a súa acción social a incrementar as subvencións a determinadas ONG.

O grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes esixe a creación dun plan liderado polo Concello que vertebre e coordine a loita contra a pobreza. A través do mesmo, crearíanse novos servizos municipais de protección social como unha Rede de comedores sociais e un Centro Municipal de Inclusión Social (CIMS) que permita despregar os recursos suficientes para desenvolver unha acción integral a prol das persoas que se atopan en situación de necesidade. Estamos a falar dun centro polivalente que permita atender tamén a aqueles elementos estruturais que permitan dar unha solución integral á situación de emerxencia.  A rede municipal de comedores sociais públicos pretende asegurar que todos os coruñeses teñen acceso a unha alimentación digna. A devandita rede descentralizaría a oferta, evitando a formación guetos, para que o servizo sexa utilizado por toda a cidadanía coruñesa, evitando a reticencia a utilizalo polos chamados “novos pobres”, cidadáns integrados socialmente que a crise os puxo no limiar da pobreza e non queren que se visualice a súa delicada situación económica.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a parálise institucional na que nos ten sumidos negreira está a impedir que o concello desenvolva medidas para loitar contra a emerxencia social, mais aló da rede de enchufismo que está a amosar a Pikachu”.

Relacionados