Plan de tráfico Callao

Non é quen de escapar a esa maldición. Onte houbo confusión e desbaraxuste cando van comezar as obras. Mal comezo.

A praza do Callao pon en evidencia que este Goberno non sabe facer as cousas. Primeiro as obras arrancarían na primavera, logo non se pecharía ao tráfico e agora matan pola vía da improvisación o plan de tráfico, con continuos cambios que anuncian se poderán prolongar. Temos que lembrarlle ao concelleiro responsable a condición de importante no de comunicacións que ten a praza do Callao.

As improvisacións  e mal facer deste Goberno Municipal as estamos a pagar a cidadanía de Ferrol en forma de caos, confusión e custos económicos para os pequenos negocios afectados. EU chama a atención sobre a nova advertencia que lanza o concelleiro encargado das obras: que se podería modificar  segundo se vexa.

Doutra banda, a nosa organización sinala que o prazo dos catro meses que xa está a correr haberá que cumprilo de xeito rigoroso; no cartel de anuncio das obras xa se sinala este pasado mes de agosto como o de comezo efectivo das obras. Mala contabilidade e peores augurios dada a ineficacia e improvisación do goberno.

Esquerda Unida vai reclamar na comisión de medio ambiente e urbanismo rigor e eficacia por parte do Goberno do PP:  un plan de tráfico definitivo e secuenciado no tempo para cando se vaian abrindo e pechando a confluencia das rúas co nó de comunicacións da praza do Callao. E o compromiso por parte do concelleiro responsable de supervisar de cote as obras para apurar os prazos. Medidas que permitirán apurar os prazos de remate da obra, canto reducir problemas de tráfico e impacto negativo  no pequeno comercio para a veciñanza.

Relacionados