Plan global de comercio

Esquerda Unida, que xa o leva demandando dende fai tempo, apoia a proposta dos comerciantes para crear un plan global de comercio. O comercio é un dos sectores máis castigados pola crise, mais na nosa cidade a situación é moito máis crítica debido a errónea política de promoción de grandes superficies desenvolvida por PP e PSOE. Esta situación non so obriga a desenvolver medidas reais e efectivas para promocionar o comercio, senón que estas non poden estar inconexas entre si, senón que deben ser sinérxicas e responder a un plan global que incorpore indicadores para comprobar o grado de execución dos obxectivos marcados no dito plan.

Neste sentido EU ven defendendo que o Concello desenvolva un plan turístico que incentive o consumo dos turistas, nomeadamente os cruceiristas, na cidade o que permitiría aos comerciantes coruñeses rendibilizar os inxentes investimentos en promocións turísticas do Concello.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicito fai meses que o goberno municipal avaliase o impacto que producirá sobre o comercio coruñés  os recortes impostos polo goberno central en plena crise, como por exemplo a suba do IVE ou a eliminación da paga extra dos traballadores públicos. Desafortunadas medidas que provocarán unha forte recesión económica que retrotraeran o consumo e afundiran ao pequeno comercio, precisamente na campaña de Nadal, época que serve a moitos pequenos comerciantes coruñeses para salvar o ano.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Laponia non incrementará as ventas, por tanto a iniciativa é ineficaz e excesivamente custosa, nos xa o tiñamos denunciado, agora tamén o indica o presidente da federación provincial de comercio”.

César Santiso afirmou que non é o momento das ideas felices, non podemos permitirnos o luxo de malgastar preto de 150.000 € nunha campaña que non terá retorno económico cando a xente pasa fame no Nadal. Aquí so se reactiva o peto da empresa “amiga” que monta unha casetas por máis do triplo do seu valor, e que o fai antes de que se resolvera o contrato.  e que ademais cobra 1,5 € porque os rapaces suban ao carrusel”.

Relacionados