Plan Mobilidade Sostible

que asentara unhas bases interesantes sobre as que posteriormente a cidadanía podía ter traballado.

Esquerda Unida considera que o goberno municipal volve a estafar á cidadanía cun plan de mobilidade inacabado e etéreo. Non so porque durante o seu desenvolvemento o PP non deixou de falar de participación, cando a realidade foi ben distinta, pois diferentes colectivos que curiosamente, a pesares do seu interese manifesto, non foron convidados a participar do PMUS como a Plataforma pola Mobilidade ou a Plataforma pola defensa do Tren de proximidade. O Plan debería terse realizado en base aos documentos xa existentes, contando coas achegas veciñais e coa participación da universidade e os colexios técnicos como o de enxeñeiros e arquitectos. Non en van, o propio alcalde valorara moi positivamente os plans de mobilidade desenvolvidos por estudantes e técnicos locais que chegaron incluso a gañar un concurso convocado polo colexio de enxeñeiros. Sen embargo, estas ideas quedan esquecidos nun caixón, nunha demostración de ineficacia e da mala xestión da cousa pública.

O estudo, porque non chega ao estatus de “plan”, afirma que é primordial mellorar a eficiencia e eficacia do servizo público de transporte urbano colectivo para reducir o uso do automóbil particular, pero non establece a nova configuración das liñas, nin o sistema de transbordos, nin tan sequera estudouse si é necesario establecer plataformas dedicadas (o chamado carril bus), alegando que non dispoñen de datos de baixada de pasaxeiros. Uns datos que o goberno municipal, a pregunta de EU, recoñece que non disporá até que a Compañía de Tranvías estableza un control de calidade, é dicir que neste mandato o executivo Negreira nin tan sequera deixará definido o novo trazado do bus urbano, evitando así enfrontarse á toda poderosa Compañía de Tranvías e pasando a pataca quente ao seguinte goberno municipal como fan os covardes.

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia o PMUS é un conxunto de boas intencións sen desenvolver que pospón as decisións difíciles e complicadas para vindeiros gobernos. O estudo, non so amosa a falta de compromiso para afondar nos verdadeiros problemas de mobilidade da Coruña, senón que deixa as claras que o executivo Negreira utilizou preto de medio millón de euros como un plan de propaganda en lugar de mobilidade. O PP fala dun “plan vivo” que ten que crecer coas achegas da cidadanía. Claro, o plan está tan vivo que practicamente acaba de nacer pois so enumera principios reitores, a grande maioría deles xa aparecían recollidos no programa de EU para as municipais de 2011 na Coruña.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal agasalla con 500.000 € a unha empresa amiga, por un traballo que non debería valer máis de 50.000 €, e que ven poderían desenvolver os técnicos municipais”.

Relacionados