mobilidade.gif - 13.91 Kb

Plan mobilidade

 

Esquerda Unida lamenta a falla de cumprimento das previsións contidas no plan de mobilidade, que avaliaban dobrar o espazo público reservado para os peóns. O Goberno non foi quen de desenvolver estas previsións cando estamos ao bordo do final do mandato. Nen se cumpren as previsións para facer efectiva a primeira supermazá nen o previsto  aumento do número dos aparcadoiros.

 

A nosa organización require  que se faga efectiva a implementación dunha nova rede de autobuses, que permita aumentar a cobertura e frecuencia de paso das liñas. Lamentamos que se desbotara  a recuperación deste servizo cunha empresa pública de transportes. O certo é que nestes meses o Goberno Municipal ten ferido o sistema de transporte público urbano a conta da desinformación producida polo Goberno coas obras na estrada de Castela.

 

Transporte público urbano que segue sen contar cos viais segregados que contemplaba o documento aprobado, e que permitiría un máis  doado tráfico desta modalidade de transporte. 

 

Denunciamos que o ano pasado non se executou ren no eido de facer máis accesible ás persoas con mobilidade reducida a nosa cidade. Nós demandamos o cumprimento do acordo que faga posible artellar Caranza, a estrada de Castela e  a estrada de Catabois co centro da cidade.  Demandamos do Goberno que se poña en marcha e comece o procedemento para realizar estes roteiros de accesibilidade, segundo se comprometeu no documento orzamentario xa en vigor.

 

A rede principal e as redes secundarias dos carrís bici distan de facerse efectivas, nun contexto onde se produce unha regresión no sistema de bicicletas de aluguer. Para a nosa organización esta modalidade de transporte semella infrautilizda coa traza e orografía da nosa cidade.

 

No que atinxe a intermodalidade e as conexións do ferrocarril hai un proceder a suspender sen remisión a este Goberno Municipal que non conqueriu nada neste eidoa estación do ferrocarril adoece de conexións que fagan viable a súa potenciación. No hai pasos adiante nen nos servizos de cercanías, que serían claves para dotala dunha meirande utilidade, nen hai nada do demandado retranqueo.

 

En resumo, hai un claro incumprimento das previsións contidas no Plan de Mobilidade.

Relacionados