Plan turístico

Neste sentido, Esquerda unida insta ao goberno municipal a desenvolver un plan turístico para rendabilizar a presenza masiva de cruceiristas. Segundo estudos existentes o consumo medio por pasaxeiro é de 55 euros, cantidade que debería duplicarse ou, incluso, triplicarse si o Concello desenvolvese unha correcta xestión e coordinación turística, o que asemade permitiría aspirar a que o noso porto sexa punto inicial de embarque ou final de desembarque o que redundaría en que a estancia dos cruceiristas pasaría dunhas horas a máis dun día, incrementado exponencialmente o impacto económico. O Goberno municipal está a desperdiciando a magnífica oportunidade que lle brinda o turismo de cruceiros para recuperar os sector hostaleiro e do pequeno comercio,  reactivar a economía local e xerar emprego.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes propón a definición de rutas turísticas para fomentar o consumo das persoas que visitan a nosa cidade co fin de que hostalería e pequeno comercio saian máis beneficiados. O Concello debe actuar con determinación e celeridade mediante o deseño de rutas que, centradas nos atractivos puntos culturais da nosa cidade, permitan aglutinar en torno a elas unha importante oferta hostaleira e comercial a través de itinerarios configurados para fomentar o consumo dos turistas, reactivando así un sector en declive como o pequeno comercio, alicerce da nosa economía local. Algo diametralmente oposto á situación actual onde a oferta turística é escasa, inconexa, pouco definida e ineficiente.

O plan debe ser consensuado polos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para definir, anunciar e promover rutas turísticas con itinerarios dotados de ampla oferta comercial, hostaleira e gastronómica, antes de chegar aos puntos de interese turística, de tal maneira que cando os visitantes cheguen teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística, non como sucede agora que os turistas cando chegan a nosa cidade atopasen perdidos e deambulan sen rumbo definido perdendo así o pouco e valioso tempo que pasan na nosa cidade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “ o goberno local debería atender as nosas suxestións habida conta de que non acerta nas políticas necesarias para reactivar o turismo na nosa cidade, como o demostran as cifras do ano 2012”.

Relacionados