Plan turístico

Neste senso, O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes insta ao goberno municipal a preparar rutas turísticas que dean a coñecer os nosos tesouros e fomenten o consumo local entre os turistas. Segundo estudos existentes, o consumo medio por pasaxeiro é de 55 euros, cantidade que debería duplicarse ou, incluso triplicarse si o Concello desenvolvese unha correcta xestión e coordinación turística, o que asemade permitiría aspirar a que o noso porto fose punto inicial de embarque ou final de desembarque, supoñendo un incremento da estancia e con elo, do impacto económico. O Goberno municipal está desperdiciando así unha magnífica oportunidade para recuperar os sectores hostaleiro e do pequeno comercio, reactivar a economía local e xerar emprego.

Esquerda Unida considera moi oportuno desenvolver un plan turístico que lle saque o máximo partido á parada de cruceiros na nosa cidade. O Concello debe actuar con determinación mediante o deseño de rutas que, centradas nos atractivos puntos culturais da nosa cidade, permitan aglutinar en torno a elas oferta hostaleira e comercial. Xerar itinerarios configurados para o fomento do consumo local e de calidade, reactivando así un sector en declive como o pequeno comercio, alicerce da nosa economía local.

O plan debera ser consensuado polos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para definir, anunciar e promover rutas turísticas con itinerarios dotados de ampla oferta comercial, hostaleira e gastronómica, antes de chegar aos puntos de interese turística, de tal maneira que cando os visitantes cheguen, teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística, algo que por desgraza non acontece actualmente, pois cando chegan os atopamos perdidos, deambulando sen rumbo definido e perdendo así ese valioso tempo que pasan na nosa cidade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “son moi loables as doazóns de roupa, pero choca un pouco esa imaxe coa Coruña Wapa que nos vende o Sr. Negreira. Incentivar o consumo local dos turistas servirá para que aprecien todas as posibilidades que lles pode ofrecer a nosa cidade”.

Relacionados