Esquerda Unida insta ao goberno municipal a desenvolver un plan turístico para rendabilizar a presenza masiva de cruceiristas. O dito plan debe ser participado polos distintos axentes turísticos, federacións de veciños, sindicatos e partidos políticos baixo a coordinación do consorcio de turismo para desenvolver iniciativas que incrementen o impacto económico dos que visitan a nosa cidade, definindo, anunciando e promovendo rutas turísticas con itinerarios dotados de ampla oferta comercial, hostaleira e gastronómica, antes de chegar aos puntos de interese turística, para incentivar o consumo dos cruceiristas na nosa cidade, de tal maneira que cando os turistas cheguen teñan inmediata información dunha estimulante e atractiva oferta turística na nosa cidade, non como sucede agora que os turistas cando chegan a nosa cidade atopasen perdidos e deambulan dun lado sen rumbo definido perdendo así o pouco e valioso tempo que pasan na nosa cidade.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes calcula que a inacción do goberno local está a provocar que hostalería e pequeno comercio deixen de ingresar 17,6 millóns de euros dos cruceiristas durante o 2013. Pois segundo os nosos cálculos, cunha correcta promoción de rutas turísticas deseñadas para percorrer as zonas de consumo da nosa cidade sería fácil triplicar o actual impacto económico. Segundo estudos existentes o impacto económico é de 55 euros por pasaxeiro, así o sector recadará uns 8,8 millóns de euros grazas aos 160.000 cruceiristas que visitarán a cidade, cantidade que podería chegar aos 26,4 millóns si cunha correcta xestión e coordinación turística alcanzásemos os 165 € de consumo por cruceiristas. Asemade cun plan turístico estariamos en disposición de aspirar a que o noso porto sexa punto inicial ou final de embarque o que redundaría en que a estancia dos cruceiristas pasaría dunhas horas a máis dun día, incrementado exponencialmente o impacto económico.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “lamentamos que o concello aínda non actuase logo de que levemos un ano solicitando que desenvolva e promova rutas turísticas que estimulen o consumo dos turistas que visitan a nosa cidade incrementando o seu actual impacto económico”.
César Santiso subliñou que “o Goberno municipal está a desperdiciar a magnífica oportunidade que lle brinda o turismo de cruceiros para recuperar os sector hostaleiro e do pequeno comercio, reactivar a economía local e xerar emprego”