· Os membros do Grupo Parlamentar consideran o proxecto de Mina de Corcoesto forma parte dun expolio dos recursos naturais de Galiza
Membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto reuníronse hoxe co grupo parlamentario de AGE para transmitir a súa preocupación polo proxecto de extracción de ouro, e as súas consecuencias sociais e ambientais.
A Plataforma considera que os sacrificios que suporá para a zona non son compensados polos reducidos beneficios en forma de postos de traballo, que traerá o proxecto nos seus trece anos de vida útil,e que en cambio afectarán a outros sectores coma o gandeiro ou o turístico.
AGE considera que este proxecto é paradigmatico do modelo estilo “Binevenido Mister Marshall” do PP, onde unha empresa explota uns poucoa anos os recursos naturais galegos a cambio de man de obra barata e dunhas leis ambientais máis permisivas que no resto de Europa.
Esto está lonxe de ser un modelo baseado no coñecemento e a innovación, e é simplemente un expolio dos nosos recursos.
Cando rematen estes escasos 11 anos a empresa deixará tras de sí un buraco de enormes dimensións,contaminación e perxuízos ao sector turístico e aos recursos naturais.
O Grupo de AGE comprometeuse a facer unha laboura parlamentar de control e oposición deste tema e en xeral dos proxectos similares que salpican o noso territorio.