O voceiro de eu-v, césar santiso, que saíu molesto do pleno polo ton agro e as descalifacións, indicou que “hoxe sentín vergoña de formar parte da corporación polo lamentábel espectáculo vivido, espero non se volva a repetir, non podemos dar semellante imaxe á cidadanía, os cargos públicos deben dar exemplo e manter outro tipo de comportamentos”.
Ordenanza axuda a domicilio
Dende Esquerda Unida – Os Verdes non compartimos que o Concello da Coruña acate o plantexamento da Xunta de Galicia polo cal se trae a modificar a ordenanza municipal de asistencia a domicilio. Non compartimos a proposta de eliminar as listas de espera existente ata o de agora para que as persoas dependentes reciban asistencia.
E o rexeitamos porque creemos que non existen razóns, nin legais nin de peso, para eliminar as listas de esperas municipais. Si ben e certo que, en teoría, o argumento da Xunta semella lóxico, no sentido que quen ten recoñecida a condición de dependentes, ten un dereito subxectivo ao servizo, tamén o é que coa supresión o que se pretende é ocultar a aqueles dependentes que por calquera tipo de eivas administrativas non están a gozar do seu “dereito subxectivo”, o acaso a supresión da devandita lista ten algún tipo de vantaxe para os dependentes? Ou mellora dalgunha maneira o servizo a dependencia? A resposta é clara e rotunda NON, mais non o é tanto as preguntas: que pasará cos dependentes que non podan ser atendidos por calquera eiva administrativa, como por exemplo que o Concello non dispoña temporalmente de fondos para facerse cargo dos dependentes?
Por outra banda, tampouco compartimos a recomendación da Xunta de Galicia no sentido de suprimir o parágrafo do artigo 8 a) que di “Cuando se necesiten dos auxiliarers al mismo tiempo para la realización del Servicio, se computará el tiempo de atención de cada una de las profesionales”. A Xunta argumenta que a orde ditada pola Vicepresidencia de igualdade e benestar no ano 2009, establece que os casos de servizos realizados por dous auxiliares terán carácter excepcional e estarán xustificados no proxecto polo técnico responsábel.
Precisamente da lectura da propia orde extraese que, aínda que con carácter excepcional, contémplase a devandita posibilidade do traballo de dous auxiliares ao mesmo tempo. Así pois a eliminación do parágrafo en lugar de mellorar a ordenanza o único que crea e inseguridade normativa ao suprimir a concreción do computo de tempo deixando o dito computo a interpretación do órgano competente, e dicir trocamos obxectividade por subxectividade.
Esta modificación supón a aceptación por parte do Concello da Coruña dunha estrataxema deseñada por parte da Xunta de Galicia para agachar a realidade e eliminar a súa responsabilidade social, da que Esquerda Unida – Os Verdes nin pode nin quere ser participe. Así pois, anunciamos o noso voto negativo.
Ordenanza Emerxencia Social
A crise que estamos a vivir dificulta a inclusión social e segrega do mercado de traballo ás persoas con menos habilidades e acreditación profesional, por outra banda as perversas políticas neoliberais, baseadas en privatizar as gáñanas e socializar as perdas, que tanto dende Goberno central como dende a Xunta de Galicia estanse a desenvolver, provocan que, unha vez máis recaian sobre as costas dos traballadores e traballadoras os esforzos para saír da crise, ou dito doutra maneira recortes para a clase traballadora disfrazados de austeridade.
Baixo este contexto, cada vez son máis as familias traballadoras nas que un dos seus membros perde o seu posto de traballo, pasando a unidade familiar grandes dificultades, incluso para manter a súa vivenda.
A dita situación obriga aos poderes públicos a actuar con rapidez e contundencia para manter a cohesión social, neste sentido saudamos a iniciativa dos servizos sociais do Concello da Coruña que, en resposta as nosas chamadas á reacción institucional logo do incremento de persoas en risco de exclusión social na nosa cidade, concretamente propoñen incrementar as axudas para emerxencia social, o dobre no caso das de subsistencia, ao tempo que resolven unha eiva existente nas anteriores ordenanzas, que de maneira incongruente incorporaban unha axuda menor para a subsistencia, cuxo fin é cubrir as necesidades básicas para a vida como alimentación, vestiario, aloxamento, ou gastos sanitarios que para outros conceptos, aínda que importantes non vitais.
Mocións
Esquerda Unida abstívose na moción presentada polo PP, en relación a eliminación das alusións persoais nas placas conmemorativas, porque considera que non é unha cuestión para tratala mediante un acordo plenario nunha moción, senón mediante a modificación do regulamento para concesións de honras e distincións do Concello. Asemade de considerar que antes deberíase cumprir a Lei de memoria histórica eliminando toda a simboloxía franquista na cidade.
Esquerda Unida apoiou a moción sobre a apertura dun proceso de investigación sobre o caso Relámpago porque sempre demandou ética e a transparencia. Aínda que subliñou que non entendía porque o grupo municipal do PP utilizou a súa maioría para rexeitar anteriores iniciativas do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes neste sentido.
O Pleno do Concello aproba por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes en defensa da liberdade de orientación sexual e contra a homofóbia.