Pleno de abril

Actitude valorada positivamente polo coordinador comarcal de EU, César Santiso, que como é habitual acudiu ao pleno, a pesares das saídas de ton das concelleiras do PSOE Carmen Marón e principalmente Silvia Longueira que chegou a insultar á concelleira do PP Mª Esther González, o que provocou o habitual e estéril debate do “e ti máis” involucrando a Xunta e Goberno central, cando o debate debería centrarse no concello e a veciñanza.

Esquerda Unida apoia que o concello desenvolva un convenio coa Deputación para a recadación executiva das sancións de tráfico e solicita que se amplíe o devandito convenio a outros tributos devido a manifesta incapacidade do concello para a súa recadación, como o demostra o feito de que na actualidade existan 70 millóns de euros en dereitos pendentes de cobro, 55 deles irrecuperábeis segundo o concello, ou os 20 millóns pendentes de cobro do ano 2009.

 

O consello comarcal de EU Coruña saúda que o concello aprobase o II plan para a promoción da equidade entre mulleres e homes, asemade das mocións aprobadas por unanimidade para declarar A Coruña e Galiza zona non nuclear, para a defensa das persoas afectadas polas hipotecas que non teñan que seguir pagando unha vez fan entrega da vivenda ao banco. Medidas todas elas que Esquerda Unida apoiaría de ter representación no concello. Igual que a moción do PP para a retirada da supresión cautelar da Lei do gasto farmacéutico aprobada cos votos a favor de PP e BNG.

 

Esquerda Unida considera unha falta de respecto a veciñanza que PSOE e BNG evitasen debater sobre o aparcadoiro subterráneo das Conchiñas, moción presentada polo PP co aval de 5000 veciños.

 

Neste sentido o candidato de eu á alcaldía, César Santiso, indicou “a algúns se lles enche a boca ao falar de participación cidadá, pero a hora da verdade non teñen nin a decencia de aceptar debater unha moción avalada por 5000 veciños, de ter representación no pleno a moción debateríase e proporíamos desenvolver unha Asemblea de Barrio para facer partícipe a veciñanza na decisión final”.

Relacionados