As propostas de Esquerda Unida, incluídas no seu voto particular consigue que o seu voto particular as ordenanzas fiscais.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “coa aprobación das ordenanzas fiscais que inclúen as nosas achegas gaña a cidadanía coruñesa pois se favorece o aceso a vivenda, a progresividade fiscal, a eficiencia enerxética e a creación de emprego”.
Ordenanzas Fiscais
En Esquerda Unida – Os Verdes consideramos que as ordenanzas fiscais e os prezos públicos constitúen unha ferramenta incuestionábel para que a acción de Goberno repercuta na capacidade económica local e no grado de xustiza social que se acade no municipio.
Aínda que os impostos locais non teñen en conta as circunstancias persoais do suxeito pasivo ao ser de carácter obxectivo, non cabe dúbida que a lexislación permite ao Concello aplicar criterios de progresividade en bonificacións e tarifas.
Con todo, a modificación das ordenanzas fiscais que se nos propoñía na súa aprobación inicial non incluía estes criterios, motivos polos cal votamos en contra na súa aprobación inicial, presentamos alegacións.
Logo da desestimación das alegacións, presentamos un voto particular ao ditame da comisión de Facenda e Administración Pública e demandamos un diálogo aberto co Goberno municipal na procura de acadar unhas ordenanzas fiscais máis xustas e xeradoras de emprego e, xa que logo, máis útiles para a veciñanza.
Algo que finalmente puido acadarse grazas ao esforzo negociador, tanto do noso grupo municipal como da tenente de alcalde de Facenda e Administración Pública, Rosa Gallego e o concelleiro de Facenda, Roberto Coira. Así pois, logo de longas negociacións acadamos o apoio do Goberno municipal ao noso voto particular que inclúe propostas para a promoción da reactivación económica e do cambio do modelo produtivo, fomento do acceso a vivenda e progresividade fiscal. Concretamente modifícanse as ordenanzas fiscais relativas aos impostos de IAE, IBI e Plusvalía, con axudas aos novos emprendedores, fomento da eficiencia enerxética, do uso de enerxías renovábeis e da mobilidade sustentábel, prorrogando a cinco anos o período de bonificación para as vivendas de protección oficial e similares e acadar unha tributación máis equitativa mediante bonificacións progresivas, así as persoas con menos recursos recibirán unha bonificación do 95% na Plusvalía, mentres que os mileuristas terán unha bonificación do 30%, superior a que reciben as rendas superiores.
Non cabe dúbida que a nosa proposta inicial era moito máis incisiva en canto a progresividade fiscal, promoción económica, cambio de modelo produtivo e xustiza social, mais o acordo significa un importante avance, asemade temos o compromiso do Goberno municipal para comezar axiña a dialogar as ordenanzas fiscais do 2013, con vistas a incorporar o resto das nosas achegas non aceptadas como o incremento da tributación ás grandes empresas con beneficios como a refinería, os bancos e as compañías de telefonía móbil que permitan cadrar a economía do Concello unha vez incorporadas o resto das nosas medidas. En definitiva posibilitar que os que máis teñen colaboren en maior medida na saída da crise.
Orzamentos
No pleno que se aprobaba inicialmente o orzamento xeral da corporación para o ano 2012, Esquerda Unida – Os Verdes mostrou un claro e rotundo rexeitamento aos devanditos orzamentos por constatar a incapacidade do Goberno local para reflectir neles as verdadeiras necesidades da cidadanía coruñesa.
Constatamos como o Goberno municipal carece dun plan para fomentar a reactivación do tecido produtivo coruñés, ás escasas medidas incorporadas nos orzamentos supoñen menos de medio punto porcentual no conxunto dos orzamentos, asemade as devanditas medidas entoxasen inconexas e pouco definidas.
Non cabe dúbida que nos atopamos diante duns orzamentos claramente continuistas e miopes en canto a realidade económica que nos toca vivir, repetindo así os erros de anteriores gobernos locais. Unha vez máis, en lugar de apostar polo cambio do modelo produtivo, o Goberno municipal aposta polo ladrillo e o formigón hipotecando as arcas municipais con obras faraónicas que nunca retornaran os investimentos comprometidos, como os tres millóns dedicados á construción do túnel do Parrote para o soterramento do tráfico, municipal.
Queda claro que se cumpre o axioma de que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra pois o Goberno do PP continua coas erráticas políticas económicas desenvolvidas con anterioridade polo PSOE, porque en tempos de crise e falta de liquidez o investimento en infraestruturas non relacionadas directamente co tecido produtivo so crea emprego temporal e precario e dicir pan para hoxe, fame para mañá.
De todos é sabido que os orzamentos plasman en cifras a vontade política dos gobernos. Neste sentido Esquerda Unida – Os Verdes demanda unha vontade moito máis construtiva e menos continuista, unha vontade moito máis valente e decidida na loita contra o desemprego. Porque nestes momentos nos que a crise esta a golpearnos con maior intensidade non podemos deixar pasar un ano sen actuar sobre a economía local. Xa o dixemos no Pleno de aprobación inicial uns orzamentos que obvian a reactivación económica, so poden considerarse como os orzamentos do paro.
Por outra banda, si ben é certo que os orzamentos reducen algúns gastos superfluos, tamén o é que falta moito por avanzares en austeridade. Pero austeridade ben entendida porque unha cousa e eliminar gastos superfluos e outra ben distinta é aplicar recortes en educación, en participación cidadá ou o en gasto social porque, Sr. Alcalde, en termos reais prodúcese un descenso do gasto social al incrementar as partidas tan so un 2,66% a pesares de que o IPC se incrementa nun 3,1%, dos recortes da Xunta do PP, e do incremento exponencial da demanda.
En definitiva, atopámonos diante duns orzamentos continuistas, que cometen os mesmos erros que os de anos pasados, centrándose unha vez máis nos gastos de funcionamento do propio Concello e en investimentos en infraestruturas de pouca utilidade para cidadanía, en lugar de constituírse nunha ferramenta dinamizadora da economía xeradora de emprego. De feito a semellanza entre estes orzamentos e os anteriores evidencian a similitude das políticas neoliberais de PP e PSOE. Políticas fracasadas incapaces de facernos saír da crise”.