Esquerda Unida tan so apoio o mantemento da periodicidade e data de celebración das sesións plenarias, mentres que votou en contra da proposta de comisións do pleno, de nomeamento de representantes da corporación nos órganos colexiados e dos emolumentos dos cargos públicos.
Para Esquerda Unida – Os Verdes as comisións do pleno constitúen o elemento vertebrador das coorporacións locais. Así, o seu funcionamento constitúe un indicador fidedigno do funcionamento das entidades locais, onde queda reflectida a capacidade e vontade de diálogo dos distintos grupos políticos constituídos en equipo de goberno e oposición.
Por outra banda consideramos que a incorporación dun representante de cada grupo municipal, con voto ponderado constitúe unha maneira adecuada de facer prevalecer o principio de participación sobre o de proporcionalidade tal e como recolle a xurisprudencia, ademais de significar unha medida de aforro, tan necesaria nestes intres.
Mais, dada a súa transcendencia, semella fundamental un correto deseño das devanditas comisións, dende este punto de vista Esquerda Unida – Os Verdes considera necesarias todas e cada unha das comisións propostas, con todo, vota en falta a creación dunha comisión específica para participación cidadá. Dende o noso punto de vista o organigrama municipal ten o déficit dunha concellería de participación cidadá, déficit que en parte quedaría cuberto coa creación da dita comisión. Así pois, propoñemos ao pleno a incorporación da comisión de participación cidadá para demostrar a veciñanza que os seus representantes teñen a intención de outorgarlles maior poder de decisión nos asuntos municipais, en cumprimento coas demandas da cidadanía reflectidas en distintos estudios como a cidade dos barrios ou no propio movemento do 15M.
O resto de grupos municipais obviou a proposta de EU-V, amosando desintereses pola participación cidadá, incluso logo de inquirir ao grupo de goberno a resposta non foi positiva, motivo polo cal EU-V non apoiou a proposta da alcaldía.
EU-V rexeitou a proposta de nomeamento dos representantes da corporación nos órganos colexiados ao carecer a oposición de representación na devandita proposta. Esquerda Unida considera un déficit democrático a dita exclusión, motivo polo cal nunca apoiará unha proposta na que non apareza reflectida unha participación plural.
As Administracións públicas débense rexer, entre outros, polo principio de austeridade, principio que cobra maior importancia nestes momentos de crise sistemática. Son precisamente, os cargos públicos, os que con maior intensidade deben dar exemplo de austeridade, por tal motivo Esquerda Unida – Os Verdes defende a redución dun 25% dos seus emolumentos até que finalice a crise. Habida conta que a proposta que se nos presenta non aplica redución algunha, máis alá da aplicada por acordo plenario do 25 de xuño e 2010 como consecuencia das medidas extraordinarias de redución de déficit público recollidas no Real Decreto Lei de 20 de maio de 2010, Esquerda Unida – Os Verdes non apoiou a dita proposta.
Ao finalizar o pleno tivo lugar a Xunta Xeral Ordinaria das empresas municipais EMVSA e EMALCSA para aprobar as contas, a proposta de aplicación dos resultados correspondentes ao ano 2010, o nomeamento do Consello de Administración que quedou constituído por os nomeados no pleno do concello e a incorporación dun membro da oposición en cada empresa municipal que será designado no seguinte pleno do concello.
Todos os puntos anteriores aprobáronse por unanimidade en ambas as dúas empresas municipais, ao igual que a modificación dos estatutos da sociedade EDAR Bens, SA. Con todo, o concelleiro de EU-V, César Santiso, votou en contra da aprobación dos estatutos da fundación “EMALCSA Auga e Sociedade” destinada a asuntos sociais e deporte fundación que recibe case que 4 millóns de euros de EMALCSA. A pesares dos votos en contra de PSOE, BNG e EU-V os estatutos aprobáronse grazas a maioría do PP.
César Santiso argumentou a súa posición indicando que EU-V está en contra de crear entres privados como a dita fundación. Fundación que de facto sitúa 4 millóns de euros fora do control público. Ademais indicou que os servizos sociais deben desenvolverse dende o propio concello ao igual que a axuda e promoción ao deporte.
Finalmente Santiso propuxo que se utilizasen os catro millóns de EMALCASA para fornecer a cultura do auga, para asegurar a súa soberanía habida conta da crise hídrica en cernes derivada do cambio climático que a converterá no novo “ouro negro”.