Pleno monográfico sobre os datos do paro

 

Esta tendencia á alza é unha constante dende o mes de setembro do ano 2009, cos seguintes datos:

Setembro 2009: 423  persoas paradas

Outubro 2009: 442 persoas paradas

Novembro 2009: 446 persoas paradas

Decembro 2009: 474 persoas paradas

Xaneiro 2010:500 persoas paradas.

 

Polo tanto podemos decir a día de hoxe que  o problema máis importante que ten Mugardos é a situación de desemprego que viven esas 500 persoas e as súas respectivas familias.

A tarefa máis importante que ten o Concello de Mugardos é procurar unha maior calidade de vida para as/os seus veciños/as e polo tanto debemos abordar esta cuestión de maneira imperiosa.

Dado que o órgano de representación máxima do Concello é o Pleno entendemos que é necesario a convocatoria dun pleno monográfico para analizar os datos sobre a evolución do paro no noso concello e as posibilidades de incidir que ten a política municipal nesa realidade para facela cambiar.

Cremos que a situación require que os representantes da cidadanía abordemos o problema máis importante que teñen os/as nosos /as veciñas a través dunha posta en común de tódolos grupos para buscar como podemos incidir en revertir a situación de paro pola que atravesamos.

Relacionados