Pleno Ordenanzas Fisicais

 

As ordenanzas fiscais e os prezos públicos constitúen unha ferramenta incuestionábel para que a acción de Goberno repercuta no grado de xustiza social que se acade no municipio.

 

Aínda que os impostos locais non teñen en conta as circunstancias persoais do suxeito pasivo ao ser de carácter obxectivo, non cabe dúbida que a lexislación permite ao Concello aplicar criterios de progresividade en bonificacións y tarifas nalgúns destes impostos, para que se cumpra así o criterio de que paguen máis os que máis teñen, criterio que a cidadanía demanda con claridade nas rúas, o cal espero que todas e todos os que aquí estamos compartamos.

 

Con todo, a modificación das ordenanzas fiscais que se nos propón non está a incluír o devandito criterio, senón todo o contrario. Esquerda Unida no comparte o informe da alcaldía que indica que “tratan de adecuar o esforzo fiscal, a realizar polos contribuíntes, as súas circunstancias persoais, familiares e económicas”. Rexeitamos profundamente os termos da modificación da bonificación do imposto de Plusvalía, si ben estamos a favor da bonificación para as transmisións realizadas a título lucrativo por causa de morte en relación coa vivenda habitual do causante, opoñémonos frontalmente a que está sexa lineal. Por iso propoñemos que esta bonificación sexa progresiva en relación a renda da unidade familiar como xa está a aplicar outros Concellos. Que sentido ten que en tempos de crise, cando as arcas públicas están máis necesitadas de cartos para atender as demandas sociais, os herdeiros dos ricos véxanse bonificados do pagamento dun imposto que nutriría as arcas municipais? Ou que se conxelen os impostos a cidadanía pero se reduzan as taxas a grandes empresas como as operadoras de telefonía móbil.

 

É está a política social do Goberno municipal? Recórdolle Sr. Alcalde que foi vostede mesmo quen presumía fai pouco de que o PP era máis social que o PSOE.

 

Por outra banda o resto de impostos e taxas, herdados polo PP do bipartito, tampouco afondan suficientemente en criterios de progresividade, e dicir non eran tan sociais como se publicitaban: por exemplo poderíanse establecer bonificacións do 50% no ICIO para as Vivendas de Protección Oficial

         Poderínase aplicar tarifas progresivas no IVTM para que paguen menos os vehículos e motocliteas de menor cilindrada a consta de que paguen máis os de maior potencia pertencentes aos máis pudentes

         Poderíase redeseñar o sistema de pago da taxa por prestación do catálogo de servizos domiciliarios para que a súa progresividade fose moito máis xusta

         Ou incluso, poderíase incrementar o período de bonificación das Vivendas de Protección Oficial e similares a máis de tres anos no IBI.

 

En definitiva Esquerda Unida abordaría a elaboración dunhas ordenanzas fiscais máis sociais e xustas que as desenvolvidas polo bipartito e, por suposto moito máis que as pretende aprobar o PP.

 

Pero si o compoñente en termos de xustiza social e importante, nestes tempos de dura crise económica provocada pola avaricia do modelo neoliberal sustentado por PP e PSOE, tamén o é a reactivación económica local a través do cambio do modelo produtivo, para así, fomentar a creación de emprego dende as propias ordenanzas fiscais.

 

Aínda que aquí o marxe en materia tributaria local tamén é moi axustada, o certo é que un Goberno atento as necesidades económicas actuais observaría que é posíbel facer certas actuacións sen desequilibrar as contas públicas. Neste sentido pouco fixo o Goberno bipartito, mais nada fai o PP.

 

Por exemplo poderíase fomentar o cambio do modelo produtivo bonificando a empresas e particulares que reduzan o consumo enerxético:

         Aumentando as bonificacións que reciben os chamados coches ecolóxicos

         Reeducindo as tarifas dos coches de menor cilindrada e aumentando os de maior

         bonificando cun 50% no IAE as empresas que autoxeren enerxía mediante fontes renovábeis

         Incrementando a bonificación ate o 50% no IAE ás empresas segundo o grado de desenvolvemento de plans de transporte para o seu persoal

         Aumentando a bonificación do ICIO do 90 ao 95% para instalación de placas solares para obtención de enerxía solar térmica e fotovoltaica

         Bonificando o 50% do IAE para industrias que se afinquen nas aforas da cidade

         Reducindo de maneira progresiva ata o 50% do IBI as edificacións que incorporen instalacións solares que superen o esixido polo Código Técnico da Edificación

         Reducindo a tarefa do IVTM nos vehículos industriais

         Ou fomentando ao pequeno comercio mediante incorporando que o pago nos comercios sirva para compensar a ORA e así paliar as vantaxes que lle outorgan os aparcamentos aos grandes centros comerciais que están a afogar ao pequeno comercio.

 

En definitiva unha serie de medidas tendentes a reactivar a economía, cambiar o modelo produtivo cara a un máis sustentábel e menos dependente do petróleo que signifique unha oportunidade de negocio para crear emprego estábel e de calidade a través da chamada economía verde que ademais melloraría a calidade ambiental da nosa cidade.

 

A aplicación destas medidas podería levarse a cabo sen grandes esforzos económicos por parte do Concello pois irían acompañadas de subas de impostos para as grandes empresas como o incremento da taxa para as operadoras de móbiles, ou a suba do tipo de gravame do IBI do 1,1 ao 1,3 % para os Bens e Inmobles de Características Especiais como a Refinería.

 

Por outra banda, para emendar os graves problemas en materia de acceso a vivenda, ademais de aplicar as medidas comentadas anteriormente en relación as Vivendas de Protección Oficial propoñemos incrementar o recargo do IBI das vivendas valeiras do 25% ao 50% para fomentar que as vivendas entren no mercado a prezos máis xustos ao aplicar maior presión fiscal sobre rentistas e especuladores. Asemade, para o éxito desta medida, consideramos vital revisar o concepto de “valeira” para asegurar o correcto cumprimento desta ordenanza, neste sentido temémonos que o censo de valeiras non está a funcionar, de ser certas as nosas sospeitas a aplicación actual do 25% de recargo de IBI sobre as vivendas valeiras non deixa de ser un brindes ao sol.

 

Para rematar, pero non por iso menos importante, votamos en falta unha maior implicación do Concello no fomento da eliminación de barreiras arquitectónicas e atención aos discapacitados. Neste sentido, propoñemos ampliar a bonificación do 60 ao 90% para as obras de acceso a discapacitados.

Relacionados