Con todo, semella que a participación cidadá e o dialogo non son principios polos que se rexe o equipo de Goberno municipal.
Tanto o público, como a delegación de Esquerda Unida que estaba encabezada polo seu Coordinador Comarcal, César Santiso, e o responsable de Movementos Sociais, Miguel Novoa, saíron do Pleno decepcionados e coa triste sensación de que o Goberno local non ten intención de chegar a ningún tipo de acordo ni aceptar ningunha iniciativa ou suxestión que veña de fora do bipartito.
Así, as tres mocións presentadas polo Grupo Municipal do PP non foron admitidas a trámite, e dicir o Goberno local, aplicando o rodete da maioría do bipartito, non permitiu o seu debate, algo elemental en democracia. A intransixencia do bipartito semella mais evidente, aínda, no caso das catro mocións presentadas por Esquerda Unida que nin tan sequera se incluíron ao Pleno no que representa unha clara intención de ningunear as forzas políticas coruñesas sen representación en María Pita e por conseguinte aos coruñeses e coruñesas que lles outorgaron a súa confianza, que no caso de EU superan o 3% da cidadanía chamada as urnas.
Xa que logo, Esquerda Unida denuncia que o Goberno local non se dignó a incorporar ao Pleno ningunha das mocións rexistradas por EU, actitude que pon en evidencia o seu nulo espírito democrático.
Por outra banda o Consello Comarcal de EU Coruña salienta que Esquerda Unida, aínda de carecer de representación no concello coruñés, foi a forza política que máis mocións achegou ao pleno do mes de decembro. Aínda que lamenta profundamente a incapacidade de dialogo amosada polo Goberno bipartito, que impediu debater as mocións achegadas por EU para mostrar a solidariedade dos coruñeses e coruñesas co pobo saharauí, para reclamar a recuperación do Ministerio de Igualdade e a creación dunha Concellería de Igualdade que permita avanzares na igualdade real entre mulleres e homes, para a adxudicación dunha rúa ou praza a Marcelino Camacho ou para rexeitar as corridas de touros e declarar A Coruña como cidade amiga dos animais.