Pleno ordinario de marzo

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é unha magoa observar como pasa pleno tras pleno sen que o Goberno municipal presente un plan, nin tan sequera medidas illadas para favorecer o noso tecido produtivo. Plenos baleiros de contido que ven poderían denominarse plenos expres”.  

Hoxe, tráese a pleno o acordo inicial da Imposición e ordenación de contribucións espaciais pola aplicación do Servizo de Extinción de Incendios, habida conta que o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento pon de manifesto a necesidade da adquisición de diverso material para ampliar e mellora a calidade do servizo por un importe total de 666.667 €, dos que destaca os 420.000 € para adquirir unha autobomba nodriza pesada cun orzamento 420.000 €.

 

Dende Esquerda Unida – Os Verdes non temos nada que obxectar as necesidades manifestadas técnicas manifestadas polo servizo, máis aínda cando estamos a falar dun servizo estratéxico vital para a seguridade da cidadanía.

 

A lexislación de Facendas Locais autoriza aos Concellos a establecer e exixir Contribucións Especiais co obxectivo de financiar en parte a ampliación do Servizo de Extinción de Incendios. Asemade a ordenanza fiscal nº 19 aprobada no 2004 polo Pleno do Concello establece a posibilidade de repercutir ata un máximo do 90% do importe aos suxeitos pasivos.

 

Así, o Goberno municipal propón que o Concello soporte o 10%, e dicir 66.667 €, deixando o 90% restante as Compañías Aseguradoras que operan no termo municipal da Coruña. Neste sentido Esquerda Unida – Os Verdes considera positivo que o Goberno municipal asuma o mínimo custe que permite a normativa, o que redunda nun beneficio para a cidadanía, permitindo así incrementar o investimento en outras necesidades dos coruñeses e coruñesas, como a reactivación económica local.

 

Precisamente en relación co fomento á actividade produtiva dende Esquerda Unida – Os Verdes votamos en falta debater nos Plenos propostas neste sentido, é unha magoa observar como pasa Pleno tras Pleno sen que o Goberno municipal presente un plan, ni tan sequera medidas illadas para favorecer ao noso tecido produtivo. Levamos xa varios Plenos faltos de contido, cun único punto de debate, pasa neste e pasou no anterior onde debatemos a ordenanza fiscal da ORA para incorporar o parking expres, nomenclatura que ben poderíamos utilizar para definir este tipo de Plenos, así pois propoñemos que a partires de agora se denominen Plenos expres, dado a rapidez do seu desenvolvemento debido a que están baleiros de contido.

 

É lamentábel que pase mes tras mes, xa levamos nove meses de Goberno, sen encarar os verdadeiros problemas da cidadanía, neste sentido non cabe dúbida que a situación de desemprego que viven os máis de 21.000 coruñeses e coruñesas debería ser cuestión primordial, mais a realidade é que este Goberno nin ten o plan que prometía en campaña electoral, nin tampouco intención de loitar activamente contra o desemprego, que si ben é certo que o Concello non ten potestade directa na creación de emprego, tamén o é que como Administración máis próxima a cidadanía ten moito que dicir en canto ao cambio do modelo produtivo local que redundaría nunha maior competitividade das nosas empresas e tamén en canto a promoción da creación de novas empresas apoiando aos emprendedores

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou tres mocións: respaldo mobilizacións estudantís, por unha igualdade real entre homes e mulleres e  fomento ás enerxías renovábeis, ás que o goberno do PP negouse a debater ao igual que o resto de mocións da oposición.

 

Relacionados