O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes chega a un acordo co resto de forzas políticas de María pita para acadar unha moción conxunta a prol do mantemento dos postos de traballo en Alcoa e Spanair. O acordo chegou logo dun receso para poñer en común as distintas mocións presentadas polo PP, BNG e EU-V, no caso de Alcoa e de todos os grupos no caso de Spanair.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a diferenza co Pleno pasado, onde saín abraiado polo ton agre e as continuas descalificacións hoxe estou plenamente satisfeito da sensatez amosada por todos os grupos municipais que souberon ceder para transmitir unha mensaxe clara de apoio aos traballadores e traballadoras”.
En canto a orde do día, resulta curioso observar o alto nivel de improvisación con que o PP está a desenvolver a súa acción de Goberno, en outubro traíase a Pleno a aprobación inicial das ordenanzas fiscais, en aquel momento a ordenanza da ORA non se modificaba, mais uns meses despois hai cambio de rumbo e agora modifícase para dar cobertura ao aparcadoiro express, sinal que en outubro aínda nin nacera a idea do devandito tipo de aparcadoiro.
Esquerda Unida abstense na aprobación definitiva da ordenanza fiscal da ORA, por considerar que a pesar de non opoñermos a unha iniciativa que pretende reducir a dobre fila e consecuente mellorar o caótico tráfico da nosa cidade, consideramos que a iniciativa é claramente mellorábel. De feito nos apostamos por un sistema de vixilancia automáticas en cobranza par afacer os devanditos aparcadoiros moito máis dinámico se eficientes.
Argumenta o Goberno municipal que esta nova modalidade de aparcadoiro regulado, ten por misión reducir a dobre fila, posibilitando unha nova opción legal á cidadanía. Esquerda Unida comparte a devandita argumentación, mais ao noso entender resulta ineficiente ter que retirar ticket para unha estancia tan curta, podendo chegar nalgunhas ocasións ao absurdo de que o automóbil permanece máis tempo na zona reservada durante a xestión do pago do ticket que durante o estacionamento obxecto do pagamento.
Asemade semella un despropósito pretender implantar o devandito aparcadoiro express, permitido para estacionamentos de 10 e 20 minutos, ao carón da rede prioritaria vixiada, así a constante entrada e saída de vehículos do aparcadoiro retardará aínda máis aos buses que xa agora teñen grandes dificultades para cumprir coas frecuencias tras a retirada do carril bus, ademais das molestias que significará para os viaxeiros as constantes paradas e arranques dos autobuses.
Texto da parte resolutiva das dúas mocións aprobadas por unanimidade
MANTEMENTO DA ACTIVIDADE E O EMPREGO EN ALCOA
“La Corporación Municipal de A Coruña en Pleno aprueba por unanimidad:
Instar a la Xunta de Galicia y al Gobierno de España a buscar soluciones para el mantenimiento de la actividad industrial y los puestos de trabajo amenazados que permitan alcanzar tarifas energéticas competitivas para las grandes consumidoras, especialmente en el caso de ALCOA, de tal forma que incida en una mejor posición de mercado de las grandes empresas instaladas en nuestra comarca, como es el caso de la factoría coruñesa de la empresa antes mencionada, y al mantenimiento de la actividad y el empleo en estos momentos de especiales dificultades económicas y financieras.”
PECHE DA COMPAÑÍA AÉREA SPANAIR
“La Corporación Municipal de A Coruña en Pleno aprueba por unanimidad:
Apoyar a los trabajadores de Spanair y Newco afectados por el cese repentino de actividad de la empresa, entre los que se encuentran los treinta y dos empleados que dichas compañías tenían en el aeropuerto de Alvedro que han demostrado sobrada y reiteradamente su valía y capacidad, ofreciéndoles la máxima colaboración institucional y promoviendo el diálogo con las compañías aéreas que se implantaren en el aeropuerto, para facilitar la incorporación laboral de estos trabajadores”.