Pleno sobre ordenanza de terrazas

para a instalación de terrazas nin a convivencia desexable dos intereses que conflúen nos diferentes usos do noso espazo viario.

Diante desta afirmación gustaría de facer uns apuntamentos, en primeiro lugar, na praxe non podemos saber si a anterior ordenanza pode o no pode dar resposta as actuais necesidades, porque nunca chegou a funcionar como é debido ao carecer a xestión do espazo público do máis mínimo control municipal. Na actualidade os establecementos hostaleiros campan as súas anchas polas rúas da cidade, uns están rexentados por cidadáns coherentes e respectuosos e dispoñen correcta e civicamente as súas terrazas, outros pensan que a rúa é súa e incluso intimidan a cidadanía arrebatándolles o espazo público, todo elos se o máis mínimo control público. As veces os espazos son tan estreitos entre terraza e terraza que case non poden transitar os carriños dos bebes, outras as terrazas impiden o correcto achegamento aos portais das vivendas. Así pois é imposible avaliar correctamente unha ordenanza sen que se executase realmente.

En todo caso, de ser certo que a anterior ordenanza, desenvolvida e aprobada polo goberno do PSOE o 15 de abril do 2002, non pode dar resposta as actuais necesidades estaríamos diante dun novo fracaso normativo, porque nunha década non cambiou tanto a fisionomía da cidade como para ter que redactar unha nova ordenanza.

Aínda que compartimos a necesidade de acadar un marco normativo máis flexible que permita maior posibilidade do desenvolvemento da actividade hostaleira, non temos tan claro que esta nova ordenanza conxugue de maneira equitativa os intereses do sector coas necesidades da veciñanza en canto a xestión do espazo público, entendido este como un espazo de convivencia de todos e todas, onde o uso e goce colectivo este asegurado, xa que logo, en Esquerda Unida temos serias dúbidas de que nesta nova ordenanza prevaleza a utilización pública e o interese xeral, pois é unha ordenanza moito máis permisiva que a anterior, como se pode comprobar, por exemplo: Si antes o ancho mínimo das beirarrúas era de 3 m. agora é de 2,5 e excepcionalmente 2,3. Nas rúas peonís en prazas antes o paso mínimo era de 3,5 e no se podía ocupar máis do 20% de anchura agora é de 3 m. e se pode ocupar até a metade do ancho. Tamén se aumenta a permisividade en cato a tipo de establecementos, antes so podía o grupo I (bares, tabernas, cafés, mesón ou restaurantes), agora amplíase ao grupo II pubs e excepcionalmente ao grupo III que inclúe desde cines, a hoteis pasando por billares ou discotecas e salas de festas. Dubidamos que a veciñanza este a favor de a inclusión de pubs, pois se incrementará o ruído, unha das grandes molestias que denuncia a veciñanza, non so pola xente na rúa, senón porque as portas insonorizadas dos pubs abriranse mais veces. Mais estamos prácticamente convencidos que rexeitarán que se permitan terrazas en discotecas, aínda que seña de maneira excepcional.

Como dicíamos anteriormente efectivamente estamos a favor de outorgarlle á ordenanza a suficiente flexibilidade como para favorecer a proxección de cidade aberta e aproveitar as sinerxías que as terrazas xeran no turismo, a economía e a xeración de emprego. Mais o texto incorpora moitas excepcionalidades que obrigan a definir un autentico mecanismo de control, porque do contrario corremos o risco que ao final o alcalde e a súa equipa de goberno teñan absolutas potestades para outorgar licenzas exprimindo a norma ao máximo para quen lle interese ou viceversa. Un feito del todo criticable e que se debe evitar.

O texto fala dunha Comisión Especial de Terrazas para o seguimento, asesoramento e coordinación e control. Esquerda Unida va moito máis alá, esiximos unha definición clara das tarefas da devandita comisión, e que se definan os membros que a forman, onde ademais dos nomeados polo goberno municipal (concelleiros e técnicos), este un membro en representación veciñal, outro representado ao sector da hostalería, un membro en representación do colexio de arquitectos, outro da Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC, e un representante de cada grupo municipal da oposición. Desta maneira, si que se disporá dun auténtico órgano de control que outorgue a necesaria seguridade a unha ordenanza extremadamente flexible. Porque alguén dixo algo como: impóñanme a norma que queiran, mais déixenme a mi desenvolver o seu regulamento…

Por outra banda valoramos positivamente que a ordenanza busque a estética das instalacións, armonizando o deseño e a calidade á contorna onde está situada, na procura de dotar de atractivos singulares ao espazo urbano da cidade. Coincidimos plenamente en que este seña un principio rector pois outorgaralle un valor engadido á cidade.

Tamén consideramos positivo que se modifique o réxime sancionador, establecendo un rango de importes para cada tipo de sanción: leve, grave e moi grave, xa que o anterior réxime establecía a sanción en base a un porcentaxe ao valor da instalación, o complicaba a acción sancionadora.

 

Relacionados