Pokémon na Coruña

Esquerda Unida afirma que leva máis dun ano denunciando eivas en distintas concesionarias, nomeadamente o grupo Vendex. Esta empresa en lugar de obter os importantes beneficios derivados dunha actividade recadatoria que debería ter moi poucos custes de xestión, estanse a producir perdas por valor de 50.000 euros mensuais, así nos últimos tres anos e medio as perdas superan os dous millóns de euros. Concretamente nos seis primeiros meses do ano 2012 declarou 308.922,73 € de déficit que temos que pagar entre toda a veciñanza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que non so se debe investigar a adxudicación da concesión de grúa e ORA senón que tamén hai que facelo sobre o control municipal sobre o cumprimento do prego de condicións. Habida conta que este grupo empresarial obtén a metade dos seus ingresos en Galiza do Concello da Coruña, pois baixo destinas denominacións ostenta e ostentou a concesión de diversos servizos municipais, a meirande parte delas con polémica tanto a nivel de execución dos servizos municipais, como en relación aos seus resultados económicos, como no comportamento co seu cadro de persoal, así existen queixas dos traballadores e da veciñanza na xestión dalgunha das concesións como por exemplo cando non pagaban a tempo aos traballadores de deportes, aos da ORA, os de limpeza, ou aos da grúa, ou presuntas irregularidades na concesión dos servizos desenvolvidos nos Museos científicos, ou coa xestión da Torre.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “no último pleno diante dunha pregunta oral que fixe para solicitar unha comisión de investigación, o tenente de alcalde, julio flores, chamoume demagóxico. Como se pode afirmar que é demagóxico esixir que a cidadanía coñeza como se están a gastar os seus cartos? Ao meu entender demagoxia é a actitude do PP que rexeitou a comisión de investigación, e agora ten que ser os corpos de seguridade do Estado os que irrompan no Concello a recoller documentación. Unha magoa, o goberno municipal perdeu unha formidábel posibilidade de apostar pola transparencia como lle esixíamos, agora deben ser os coruñeses e coruñesas os que cidadanía que xulguen a actitude amosada polo PP.

Relacionados