Isto vese agravado porque as mulleres na provincia están abocadas ao sector servicios, con traballos menos cualificados e cunha contratación temporal, que xunto cos baixos salarios repercutirán nas cotizacións e despois nas pensións. En canto á violencia, vemos como algo preocupante os diferentes casos sobre explotación sexual na provincia sen que haxa ningunha intención clara por parte das institucións de erradicala e darlle dereitos sociais as víctimas da trata.
Temos claro que a nosa independencia económica, a estabilidade laboral e a igualdade salarial ten hoxe máis sentido, se cabe, pois hai un intento inpune de arrebatarnos non só todos os dereitos conqueridos ata o de agora, senón tamén todas aquelas reivindicacións feitas polas mulleres.
Neste contexto, debemos afrontar a construcción dunha sociedade que invirta en benestar social, a través dun presuposto público progresivo que redistribúa a riqueza e os recursos; unha sociedade que faga inversión pública en infraestructuras sociais; que teña como pilar o emprego; como meta rematar coa brecha salarial entre homes e mulleres e coa precarización dos sectores máis feminizados; unha sociedade que desenvolva unha democracia participativa onde as mulleres podamos incidir directamente no fondo e na forma da política.
Por todo isto, desde Esquerda Unida-Os Verdes propoñemos, entre outras:
– A erradicación da brecha salarial entre homes e mulleres, establecendo mecanismos de control claros que impidan ditas discriminacións.
– A loita contra a segregación laboral e a precarización dos sectores máis feminizados.
– A construcción dunha rede de servicios públicos que posibiliten a conciliación da vida laboral e privada.
– A modificación da Lei Integral que recoñeza a violencia de xénero en todas as súas manifestacións, e a defina como un atentado contra os Dereitos Humanos.
– O desenvolvemento de políticas activas contra a explotación sexual das mulleres e pola abolición da prostitución.
– A prohibición dos anuncios e da publicidade de prostitución.