Pola transparencia

 

Pero iso non é óbice para que agora o Goberno do PP utilice está práctica indesexábel.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “semella unha argumentación moi pobre defender as actuais contratacións a dedo en base a que eran a práctica habitual do anterior Goberno bipartito”, pretenden aplicar a lóxica de que no país dos cegos o torto é o rei, mais os coruñeses e coruñesas non nos resignamos queremos un concello limpo e transparente e Esquerda Unida – Os Verdes pulará pola súa consecución.

 

Esquerda Unida rexeita as contratacións sen publicidade, tanto as que realiza o PP como as que realizou o bipartito. Porque non se trata de intereses partidistas senón de rexenerar a vida política coruñesa.

 

En EU-V entendemos que o orzamento público é unha propiedade de todos cidadáns xestionada polos nosos representantes elixidos democraticamente, e por iso todos temos o dereito de saber en todo momento e con todo detalle que se fai co diñeiro público, o noso diñeiro, do mesmo xeito que coñecemos en todo momento e con todo detalle o saldo e os movementos das nosas contas bancarias persoais.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda máxima transparencia nas adxudicacións, así como o cese dos procedementos sen publicidade.  En concreto propoñemos:

– Que non se adxudique ningún contrato, obra ou servizo por procedementos sen publicidade e sen que todas as ofertas recibidas, xunto coas súas respectivas valoracións e informes técnicos e xurídicos, estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

– Que non se pague ningunha certificación de obra, factura, subvención ou convenio con cargo a fondos municipais sen que todos os informes técnicos e xurídicos que xustifiquen o seu pago estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

– Que ningún representante municipal en empresas públicas, consorcios e outras administracións vote a favor de acordos que non contemplen un nivel de transparencia equivalente ao exposto.

Relacionados