Entre as nosas propostas non contemplamos a mera prohibición sen solucións alternativas, pois consideramos que sería imposíbel facer cumprir unha ordenanza neste sentido e amosaría unha enorme hipocrisía por parte da corporación municipal, ao agachar o problema sen pretender resolver o drama do alcoholismo xuvenil, que está a desangrar a nosa mocidade.
O grupo municipal de EU-V considera que o Concello ten a obriga de desenvolver os mecanismos necesarios para conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza, por iso a curto prazo propoñemos habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen molestar aos veciños. Condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia xuventude, ao tempo que se fomenten actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.
Con todo, entendemos que está é so unha solución parcial diante dun problema que nunca se abordou en profundidade. O alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, de obesidade infantil ou de paro xuvenil, o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.
Xa que logo, Esquerda Unida propón un pacto a longo prazo para mellorar a situación da mocidade coruñesa que permita configurar e dotar orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o vandalismo é inaceptábel e temos que loitar todos xuntos para erradicar esta errónea maneira que teñen algúns mozos de expresar a súa desconformidade co rol que lles outorga a sociedade, unha actitude derivada da crise de valores e o escaso marxe de participación que lle concedemos a mocidade”.