Polémica sobre Millán Astray

 

O grupo municipal de esquerda unida – os verdes afirma que “tanto o xuíz como o gabinete xurídico do concello indican que se poden retirar as honras a Millán Astray”, en base a súa falta de valores morais compatíbeis cunha sociedade democrática e a falta de respecto cos dereitos humanos do réxime que promoveu. E isto sen necesidade de aferrarse a Lei da Memoria Histórica, tal e como solicitou EU-V con anterioridade.

 

Esquerda Unida denuncia que o Goberno municipal aviva a polémica sobre a memoria histórica para agachar a súa inacción nos verdadeiros problemas da cidadanía.

 

César Santiso, voceiro de EU-V, indicou “de non persoarse no recurso, correse o risco de que á familia logre recuperar a estatua para unha praza da nosa cidade como xa denunciara o Foro pola Memoria de Galicia”.

Relacionados