Nun contexto mundial no que mil millóns de persoas pasan fame, o concepto de soberanía alimentaria debe ser prioritario á hora de elaborar os orzamentos da UE en materia agrícola e alimentaria. A política da UE debe estar orientada a garantir o aceso os alimentos a todas as persoas e non ás necesidades do comercio internacional. Así mesmo, unha correcta orientación da política agraria da UE é imprescindible para paliar os efectos tanto da actual crise económica do sistema capitalista como da crecente crise ambiental. A UE debe dar prioridade ás prácticas agrícolas creadoras de emprego e menos agresivas medioambientalmente e favorecer a produción e o consumo local fronte as grandes distribucións. Isto tampouco quere dicir que se impida a comercialización internacional de certos productos, pero si que a produción para a alimentación básica da poboación das distintas rexións do mundo debe ser local e non estar supeditada ó comercio internacional.
Co obxectivo de non seguir prexudicando a outras rexións do mundo, a UE debe eliminar toda axuda á exportación que permita rebaixar os prezos por debaixo do custe real da produción. Esta práctica imperialista é a causante da desestruturación da produción e comercio local nos países máis desfavorecidos e unha das causas dos problemas alimentarios de esas rexións.
Por todo o exposto, Esquerda Unida fai súas e apoia as reivindicacións de Vía Campesiña, xa que logo considera fundamental avanzar na soberanía alimentaria dos pobos.
Principais prioridades expostas por Vía Campesiña:
– Os prezos agrícolas deben ser remuneradores e estabeis, para o que é necesaria a regulación da produción e do mercaco e a limitación das marxes de beneficio da transformación e a distribución. Os produtores deben ser protexidos das importacións a baixo prezo e os asalariados agrícolas, europeos ou inmigrantes, deben favorecerse dos mismos dereitos. Os estados teñen que fixar un salario mínimo.
– Deben priorizarse as prácticas agrícolas respetuosas co medio ambiente e favorecedoras do emprego.
– Favorecer o aceso á terra e a incorporación á actividade agraria.
– Establecer unha política de desenvolvemento rural e priorizar a produción e o comercio local.
– Cuestionar as regras actuais do comercio agrícola internacional. Eliminación do acordos de libre comercio da UE.
– Prohibición da produción e importación de OXM.
– Abandonar o apoio ao uso e cultivo dos agro- combustíbeis por competir coas superficies agrícolas adicadas á alimentación.