Política de austeridade insuficiente

 

Con todo, Esquerda unida considera insuficiente a política de austeridade do PP a pesares de ser un importante avance en relación co malgasto na lexislatura anterior por parte do bipartito.

 

A angustiosa situación que estamos a vivir require un maior esforzo en austeridade por parte dos poderes públicos para poder incrementar o investimento social e no cambio do modelo produtivo cara a un máis sustentábel e menos dependente do petróleo.

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a verdadeira austeridade pasa pola redución dos salarios dos cargos públicos e lembra que a súa proposta consistía en reducir os emolumentos dos cargos con dedicacións nun 25%.

 

O voceiro do grupo municipal de EU-V, César Santiso, afirmou “non se pode falar de austeridade cando se mantén unha supraestrutura municipal con 10 directores de Área de libre designación nunha cidade que por tamaño e xestión non ten tal necesidade.

 

En todo caso, César Santiso manifestou que Esquerda Unida estará vixilante diante da posibilidade que o PP pretenda trasladar o modelo de xestión da Xunta, modelo baseado na externalización de servizos, e dicir privatizacións encubertas que debilitan o público para favorecer ao capital. “Non vaia ser que o que din que se va a aforrar o gasten logo en asesorías externas” indicou Santiso.

Relacionados