Política de vivenda digna

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insiste en que o concello debe loitar polo recoñecemento dun  dereito subxectivo á vivenda e un parque público de vivendas en alugueiro a prezo xusto. Non cabe dúbida que nestes momentos resulta complicado promover a construción de pisos a prezo reducido para influír a baixa no mercado inmobiliario. Mais en EU creemos que EMVSA pode e debe ter percorrido, xa que ten un importante reto por diante garantir o acceso dos coruñeses e coruñesa sa unha vivenda digna, xa que na actualidade hai máis de 20.000 as vivendas baleiras na nosa cidade.

Esquerda Unida propón a suspensión e a moratoria de execución dos procesos de desafiuzamento derivados de situación de desemprego mediante o artellamento dun mecanismo que permitirá ás familias continuar residindo na vivenda mediante un pago que non exceda do 30% dos seus ingresos. Asemade eliminaranse por lei as cláusulas “solo” nas hipotecas en vigor e nas futuras, favorecéndose o acceso ao alugueiro, e a extinción das vivendas baleiras.

O voceiro de EU-V, César Santiso, “propón que a Empresa Municipal de Vivenda, se encargue da xestión integral do alugueiro de vivendas baleiras da cidade, a través dun contrato de arrendamento solidario, a través do cal os donos delegarían a xestión de vivendas á empresa municipal, de tal maneira que o propietario non se tería que preocupar de nada a cambio de que o aluguer fose a un prezo xusto. Asemade EMVSA comprometeríase, ao final do contrato, a entregar a vivenda aos seus donos nas mesmas ou mellores condicións que cando se entregou ao ente municipal”.

Relacionados